O PP do Porriño insta ao goberno local a que ‘atenda as citas cos veciños’

O Partido Popular de O Porriño denuncia “o pouco compromiso do goberno local cos veciños do municipio, e máis aínda con aqueles que non son da súa mesma cor política”, sinala o voceiro popular Manuel Carrera.  Segundo din “tralas múltiples queixas dos porriñeses pola desantención do concello ás súas citas, Carrera formuloulle a Pedro Pereira, en ausencia de Raúl Francés, na última sesión plenaria, celebrada o pasado 30 de abril, cal era o sistema para que os veciños poidan concertar entrevistas co alcalde ou con algún dos concelleiros, ao cal Pereira respondeu que só se precisaba solicitar a cita na alcaldía ou na conserxería, “sen mencionar que despois dese trámite o encontro, nalgúns casos, nunca se chega a levar a cabo”, apunta o presidente do PP local, “pois, a día de hoxe, reunións solicitadas en 2008 aínda non foron atendidas”.

 Os populares falan no seu comunicado dun caso concreto, o de de José Manuel Guener Araújo, veciño de Torneiros, que “dende o pasado 25 de outubro de 2008 segue sen recibir resposta á súa petición de xuntanza coas concelleiras de medioambiente e a de tráfico e seguridade”. “Reiterando a súa postura, ante a persistencia dos problemas a tratar, como son a existencia de vertedoiros ilegais de rodas e a falla de aparcamento apropiado no instituto de Torneiros, o 8 de xaneiro de 2009 Guener volveu demandar unha xuntanza por rexistro da que, novamente, non recibiu contestación algunha”, sinalan.

 Así pois, dende o PP local esíxeselle ó goberno local “que sexa responsable e atenda ás citas concertadas polos veciños de O Porriño e, sobre todo, que non fagan diferencias segundo a cor política de cadaquén”, conclúe Carrera.

 

Advertisements

0 Responses to “O PP do Porriño insta ao goberno local a que ‘atenda as citas cos veciños’”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: