Hoxe preséntase o magazine cultural Kalaikia dedicado especialmente ao VI Festival de Cans

 

Kansentrada

 

A organización do Festival de Curtametraxes de Cans incluiu na súa programación a presentación do magazine cultural Kalaikia dedicado exclusivamente á sexta edición do certame. Será hoxe mércores , ás 21:00h. no baixo do Bar Moncho, unha das salas máis emblemáticas do Festival.

Kalaikia convertiuse nos dous anos e pico que leva acompañando á A Peneira mes e mes nun auténtico referente dentro do sector da cultura galega. Este ano, arrancámolo da compaña do xornal e prensentámovolo en solitario cun tema único: o VI Festival de Curtametraxes de Cans. 

O magazine especial, con 24 páxinas a todo color, conta con colaboracións de luxo: Belén Regueira, Tony Lomba, Rober Bodegas, Jorge Coira, Sergio Lagartija, Jesús Ordovás, M. Díaz, Roberto Vilar e Mariana Carballal escribindo en exclusiva sobre Cans para nós-vós; ao humorista gráfico Luis Davila cunha tira , aos fotógrafos Luis Otero e Janite,  á xente de Fuck Comics de Vigo cunha particular visión do mundo das curtas e a un dos mellores ilustradores galegos, Antonio Seijas dándolle vida ao texto de presentación. Como dicíamos, un Kalaikia de luxo que completamos con reportaxes, entrevistas, programación, etcétera…

O coordinador de Kalaikia, Diego Giráldez, afirmou que “tiñamos que facer un especial acorde co nivel do Festival e pensamos que o conseguimos. “É moi fácil conseguir xuntar a colaboradores deste calibre se utilizas a palabra máxica: Cans”, sinalou. Quixo agradecer á dirección do Festival e á súa oficina de prensa “a confianza depositada no noso traballo e a boa sintonía coa que nos atenderon”. “O tratamento e a calidade deste especial sobre o Festival pode abrir o camiño para que o magazine se vexa noutros eventos culturais galegos como monográfico”, concluiu.

Advertisements

0 Responses to “Hoxe preséntase o magazine cultural Kalaikia dedicado especialmente ao VI Festival de Cans”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: