David Fernández presenta en Mos ‘Diario de un ludópata’

ludópata

David Fernández presentou onte ás 20.00 horas o seu libro, Diario de un ludópata, no CDL (Centro de Desenvolvemento Local) mosense. O autor estivo acompañado durante o acto de presentación pola concelleira de Benestar Social, Ana Rodríguez Cabaleiro, polo tenente alcalde de Mos, Gerardo Alonso, e polo  director terapéutico de AGAJA (Asociación Gallega de Jugadores de Azar), Juan Lamas .

Diario de un ludópata narra en primeira persoa a historia de David Fernández, un xove que ten agora 23 anos e que, con tan só 19, sumerxiuse no mundo da adicción ó xogo. Nestes momentos David está xa rehabilitado, gracias ó tratamento que rcibiu en AGAJA, e traballa como monitor nesta mesma asociación.

David Fernández declarou durante a presentación que el comenzou a xogar compulsivamente debido á sorte do principiante. “A primeira vez metín nunha tragaperras dous euros da volta do café e gañei 80 euros, a segunda vez que xoguei ocorreume o mesmo e noutra ocasión con dez euros conseguín 1.500; pero a realidade era que a meirande parte das veces metía nas máquinas ata 5.000 euros e non sacaba nada”, dixo.

A pesares de todo Fernández asegura “que o problema ten solución, sen ir máis lonxe eu hoxe en día estou intentando axudar á xente que ten a mesma enfermedade que sufrín eu, e así sentirme mellor conmigo mesmo”.

A edil Ana Rodríguez expresou, a colación das palabras de David, que “pódese saír da adicción e se sae, esta é a mensaxe de forza e optimismo que debemos transmitir dende as administracións”. Ó mesmo tempo Rodríguez Cabaleiro anunciou tamén que “próximamente o Concello de Mos asinará un convenio de colaboración con AGAJA e levaranse a cabo no municipio máis actividades como a de hoxe, entre as que se atoparán charlas, obradoiros e outras cousas que xa temos en mente”. A responsable do departameto de Benestar Social concluiu a súa intervención felicitando a David Fernández polo seu libro e dándolle a noraboa por conseguir superar a problemática da ludopatía.

Outro dos presentes na mesa de presentación do libro de Fernández foi o director terapéutico de AGAJA, Juan Lamas, que aportou datos moi clarificadores sobre o mundo do xogo. “As adiccións, entre elas a ludopatía, merman e chegan a anular a forza de vontade das persoas, pero ó final o espíritu de supervivencia do adicto sempre acaba saíndo. O problema dun xogador patolóxico é a necesidade de xogar, dalle igual gañar ou perder, e incluso autoengánase para reiterar a conducta que o perxudica”, explicaba onte Lamas.

O director terapéutico de AGAJA argumentaba tamén que “o xogo non é nin bo nin malo, o que hai é que saber utilizalo e ser conscientes das nosas limitacións; de ahí a importancia de lanzar unha mensaxe de prevención que debe de ir acompañada dun labor de responsabilidade por parte de cada individuo, xa que aínda que o problema é en parte educacional, cada un de nós temos o poder de decisión final”.

Juan Lamas aportou tamén, durante a súa intervención, informacións ilustrativas sobre o negocio das tragaperras no noso país: “máis do 50% dos ingresos por xogo en España proceden das máquinas tragaperras. Unha hora xogando nunha destas máquinas supón un gasto de 100 euros e o premio maior que pode dar ascende a tan só 120 euros. As tragaperras non están suxeitas a ningún tipo de control e calqueira neno que entre nun bar pode introducir unha moeda nunha delas.

Nalgúns casos de ludopatía existe unha patoloxía dual: un 20% dos xogadores patolóxicos que reciben tratamento consume un exceso de alcol, e un 40% deles consume tabaco tamén en exceso. O negocio da droga move en España o 10% do diñeiro que move o xogo”.

Advertisements

10 Responses to “David Fernández presenta en Mos ‘Diario de un ludópata’”


  1. 1 Outro de Cela 19 Maio 2009 ás 12:40

    Pois despois de conhecer ao veciño de Cela xa pode escreber outro libro: Diario de un CHORIZO

  2. 2 latigo 19 Maio 2009 ás 15:56

    oskejais por el supuesto engaño de jerardo ino porel de buestros lideres ke todos sabemos porke nose firmo antes el pacto

  3. 3 liscran 19 Maio 2009 ás 22:13

    foto bonita: o gerardo presentando un tema de ludopatía, él ten ludopatia polo diñeiro que lle deron por cambiar de partido

  4. 4 diogo 20 Maio 2009 ás 06:31

    para latigo
    tienes toda la razon, en este mundo todos somos tontos menos tu. Enséñanos el camino hacia la verdad

  5. 5 un de Cela 20 Maio 2009 ás 17:47

    que collons teñen os do pp,na unica foto que sae meu veciño, é presentando un libro que explica,como non se deben gastar os cartos.
    e o meu veciño dira tarde piache, hai uns pisos en baiona la real cojonudos jejejeje…….que fino e carallo

  6. 6 arastro 21 Maio 2009 ás 10:46

    non deberiades frivolizar acerca dun tema tan delicado.o diogo parece un pouco lelo parece mentira que sea nacionalista.toma.

  7. 7 diogo 21 Maio 2009 ás 12:39

    que non son nacionalista. Soy sociatadetodalavida … jajajaja

  8. 8 carroucho 21 Maio 2009 ás 16:16

    non se debe confundir un adicto o xogo con un adicto os cartos, pero chus e mais frances deberian dar esplicacions de por que foron tan teimudos para levar a gerardo las listas do pesoe cando o partido decia no, e o fixeron como aposta persoal. pero xa se sabe ,a cabra sempre tira o monte

  9. 9 Mos 23 Maio 2009 ás 21:24

    Diogo, graciñas por dicir que non eres nacionalista. Grazas.

  10. 10 arastro 24 Maio 2009 ás 21:08

    diogo e mos ahi notase o que vos chama a atencion da miña frase


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: