Mos celebra a I Festa do Ovo Estrelado no Pavillón Oscar Pereiro

ovosestrelados

Presentouse no Bar Casa Panadeiro, en Petelos-Mos, a primeira edición da Festa do Ovo Estrelado con Chourizo e Pan de Millo. Á presentación acudiron o presidente da Peña Celtista de Mos, José Manuel Martínez Pereira, o concelleiro de Deportes, Alberto Méndez Lago, o tamén edil mosense, Luis Alonso Seijo, e un representante de Catering Alfonso, empresa que se encargará de preparar e servir as viandas o domingo 17 de maio, día no que se celebrará por vez primeira en Mos esta celebración gastronómica.

A I Festa do Ovo Estrelado, organizada pola pola Peña Celtista de Mos e coa que colabora o Concello, contará o vindeiro domingo cun total de 4.000 ovos fritidos que suporán 2.000 racións a repartir entre os asistentes ó evento. Cada ración custará 7 euros, prezo no que se inclúen dous ovos, un chourizo, un anaco de pan de millo, un plato e un vaso decorados; e un garfo e un coitelo, ambos de madeira.

A festa terá lugar no Pavillón Oscar Pereiro. No interior do mesmo instalarase unha exposición na honra do popular ciclista mosense na que se poderán contemplar fotografías e portadas de periódico das que foi protagonista, algunhas das bicicletas que o acompañaron na súa traxectoria deportiva, entre as que se atopa coa que gañou o Tour de Francia 2006; e un maillot amarelo da súa propiedade. O presidente da Peña Celtista de Mos adiantou hoxe en rolda de prensa que na próxima edición da festa intentará que a exposición estea adicada ó Real Clube Celta. Na presente edición, que se celebrará o domingo, haberá tamén unha mostra de coches clásicos “que será posible gracias á colaboración de propietarios particulares e empresas que se achegarán para expor os seus vehículos”, declarou Martínez Pereira esta mañán.

Pola súa banda, o edil responsable de Deportes do Concello de Mos, Alberto Méndez, manifestouse “satisfeito de que se leven a cabo iniciativas culinarias deste tipo no noso municipio”. “É por iso que os membros da Peña Celtista contan con todo o apoio do goberno local para traballar polo obxectivo de que esta celebración se manteña ó longo dos anos, edición tras edición, e que a presente sexa a primeira de moitas”, dixo Méndez Lago.

O segredo dos ovos estrelados

Segundo o presidente da Peña Celtista de Mos, José Manuel Martínez, o segredo dos ovos fritidos que se van servir o domingo é que “tan só permanecen no aceite fervendo durante uns 20 ou 30 segundos, esa é a clave da preparación que lles outorga un exquisito sabor”.

Cómpre dicir tamén sobre esta celebración que comenzará ás 10.00 horas do día 17 e que a degustación gastronómica prolongarase ata as 15.00 horas. O pregón da festa correrá a cargo da agrupación musical mosense, The Turre’s Band.

Advertisements

24 Responses to “Mos celebra a I Festa do Ovo Estrelado no Pavillón Oscar Pereiro”


  1. 1 diogo 14 Maio 2009 ás 06:50

    Si señor. Contra o despilfarro do anterior goberno nada mellor que festas e máis festas. Contra a crisis ovos, chourizos e pan de gratis para todos. Xa me explicará o Berto Popín que ten que ver unha cuchipanda co deporte

  2. 2 ECUMENICO 14 Maio 2009 ás 16:29

    ¿Organiza o Concello ou fan coma sempre?

  3. 3 un de Cela 14 Maio 2009 ás 16:42

    vergonza de concello coa que esta caindo,despidos,peche de empresas,etc.. e en mos nunca antes tivemos tantas festas,isto si que e austeridade, e o demais son coñas.eu non digo que non se faga algunha pero tantas e subvencionadas,todo cacicadas.
    fagovos saber a todos que en cela se baraxa a celebracion da festa
    do vendido,con unha actuacion dun recoñecido duo e a celebracion dunha feira do porco de mos, a sua corespondente misa solemne e remataremos cun vinito español.

    PD.a feira sera so do porco de cela

  4. 4 toxo 15 Maio 2009 ás 06:41

    De onde sae tanto diñeiro? isto empeza e ser moi sospeitoso.
    O que esta claro e que os hipocresia volta o poder, misa solemne e que sexa moi solemne, claro é un panda de moi relixiosos como manda a dreita. Pero a leis collemoslas según nos conven, divorcios,separacions, transfugismo, mentiras e todo un cantidade de delitos que a santa madre igrexia non perdoa.

  5. 5 diogo 15 Maio 2009 ás 07:38

    para Un de Cela
    … carallo, que fino é

  6. 6 Peña celtista 16 Maio 2009 ás 08:24

    Antes de decir tantas tonterias informaros un poco,creo que estais demasiado perdidos.

  7. 7 o presi 16 Maio 2009 ás 08:56

    a peña celtista de mos non ten ningun tipo de subencion por parte do concello, a concelleria de cultura dixonos “tarari que te vi” polo feito de ser a nosa peña de caracter deportivo.solocitamos o pavillon a concelleria de deportes , que e de quen depende esa e a colaboracion que temos do concello de mos e polo que figura a concelleria de deportes como colaboradora. esta testa foi aprobada en samblea xeral estraordinariano mes de octubre do ano 2008 por os socios da peña, polo tanto non ten nada que ver co actual goberno , nin a peña celtista de mos e responsable dos cambios politicos que en mos se produciron, a festa celebrariase de calquer forma e co goberno que estibese en este momento.

  8. 8 un de Cela 16 Maio 2009 ás 09:42

    eu refirome a noticia e o concelleiro di con palabras textuais que”que contan co seu apoio para que se manteña o longo de moitos anos”.non critico a peña por facer unha festa ten todo, o dereito como entidade privada a facer as festas que queira eu critico o concello por non ter ningun tipo de criterio ahora de axudar as festas,isto e diñeiro para diante e o carallo, todo cacicada,si todas as peñas e festas foran subvencionadas, non chegaban os orzamentos do concello e diputacion para tanta festa.
    e si non colabora que carallo fan na foto, o lagarto eo mendez, iluminarvos ouque.

  9. 9 o presi 16 Maio 2009 ás 12:56

    por desgracia hai veces que para que che fagan unha foto hai que ter padriño ,dado que os medios de comunicacion non cha quitan con colquera. e menos a ti solo.
    podes decir que cain baixo pero a peña o que lle interesa e a promocion da ,e os politicos queren estar hai cando estan no poder , sean do partido que sean.

  10. 10 Membro da Peña Celtista Mos 16 Maio 2009 ás 14:03

    Dan noxo todos os que queren mezclar cultura, deporte, diversión…coa política, e máis ainda por en entredito a laoboura de persoas anónimas que traballan de arreo sen chupar un so duro, senon que se ven pagados coa ledicia dos demáis.
    Segundo vos non deberían facer nada as AAVV, os clubes deportivos tanto de base coma profesionais, asociacións culturaís, festas do santo de eiquí e acolá… non a maioría de vos sodes un simplistas e uns mal pensados que só pensades que todo é política.
    A Asociación Peña Celtista de Mos non recibe ningunha subvención por parte do Concello de Mos, e invitavos a que asistades a degustar o prato que van preparar este domingo

  11. 11 un de Cela 16 Maio 2009 ás 20:01

    a verdade e que da pena dende logo, traballan e organizan os da peña pero vendeno os politicos,e me da igual o partido politico
    son todos parecidos,pero na foto estan os que estan,que pinta o concelleiro de alumbrado na foto carallo,que pinta o de deportes seamos uhn pouco serios, nadie esta xuzgando a laboura da peña celtista.para iso estan os seus socios, eu critico os politicos que agora me representan e gestionan o diñeiro dos meus impostos
    e me da igual estes que outros diria o mesmo moita festa e moita foto e nada de nada.

  12. 12 o presi 16 Maio 2009 ás 21:59

    ok , respeto a tua opinion pero non a comparto

  13. 13 diogo 18 Maio 2009 ás 07:28

    Entón o concelleiro de deportes minte ao asegurar que a festa conta con todo o apoio do goberno local. Se non dan un peso para a festa (o cual miro lóxico) que carallo pintan na foto?

  14. 14 toxo 18 Maio 2009 ás 11:27

    Unha de ovos , porque hai que telos para estar nunha foto solo por dar autorización para utilizar o pavillon de “Oscar Peral”e non deixalos a ocuras (Deportes+alumeado). E outra de chourizos por que venden o que fan outros.

  15. 15 diogo 18 Maio 2009 ás 11:54

    non oh! O chourizo non sae na foto

  16. 16 o presi 19 Maio 2009 ás 08:50

    que alegria, choveu a rabear, unha exposicion de vehiculos valorada en 300000 euros, outra exposicion sobre un gañador do tour-2006, un acordeonista tocando para os asistentes e solo 300 racions vendidas. necesitabamos vender entre 800 e 1000 para cubrir gastos, e por tanto aproximadamente 4000 euros de perda. os fondos da peña po carallo e a diretiva a por cartos do bolsillo e vos solo facedes falar dos politicos por que saliron nunha foto. comentar algo da festa que penso que era o mais importante, pero do que foi a festa en si non podedes decir nada , non viñestes por que uns politicos saliran na foto. imaxino que a festa seguira celebrandose e os politicos ,estes ou outros seguiran a salir na foto, e vos seguiredes sin vir a festa, cousa que respeto.

  17. 17 diogo 19 Maio 2009 ás 10:32

    Sintoo moito presi. Eu non fun a festa porque estiven en Compostela reclamando dereitos para o meu idioma. O dia desde logo non foi o mellor nin para ir a Compostela nin para ir a vosa festa. En todo caso deberiades valorar se ese tipo de festa é axeitada para recadar fondos para a Peña. Quizais outro tipo de actividades poderían funcionar mellor. De festas gastronómicas o personal xa está algo saturado, e desde logo hai certo tipo de xente coa que moitos non queremos ter nada que ver coma eses dous que están na foto. Supoño que se te invitaran a unha festa e te din que está apoiada por Aznar non irías. Pois eu tampouco.

  18. 18 culebra 19 Maio 2009 ás 16:07

    ascousas aike facelas ben dia das letras galegas ea misma festa en nespereira e pajodela bendestela como si fose feita polo p.p ke esperabades

  19. 19 o presi 19 Maio 2009 ás 21:29

    para diogo:pareceme ven ke foras a santiago, espero ke despois non sexas dos ke lle fala o seu fillo solo en castelan.non se realizou a festa polo simple feito de recaudar, keriamos dar a conocer a peña, a mos e a un plato popular de comida rapida totalmente esquecido, conformabamos con non perder cartos e si sobra algo tampouco nos poriamos tristes. decirche ke o ano pasado invertironse 1000€ en promocionar un campionato de truco e a resposta foy ceo patatero. a un intelectual non lle des futbol nin festas gastronomicas pero o pobo desgraciadamente tampouco kere saber nada de literatura nin actos culturais. para culebra: cando no mes de enero decidimos a fecha da festa non tiñamos nin idea do de nespereira nin da xuntanza de san rafael, poñas a fecha ke poñas sempre aparece algo.en ningun momento se vendeu a festa como do pp, ¿si estivesen na foto os do psoe ou os do bloque seria asociada a eles? penso ke non ,a nosa idea era asociala o concello de mos .de todas las formas como somos teimudos o proximo 17 de maio recuncaremos dado ke a nosa idea e celebrala nesa fecha, coincida no dia de semana ke coincida e mentras sexa non laborable sin pararnos a pensar de que partido e o representante ke sae na foto. decirbos a todos ke no seu momento intentei aceder as axudas do concello por estar este tipo de festas relacionadas con cultura e me deron un dosier de condicions elaborado polo goberno pesoe-bloque, e para estas festas dan un cincuenta porcento do gasto xustificado sempre e cando non pase de 4300€, o ke kere decir ke un modus operandin de todos k pasan por o concello. hai moitas festas gastronomicas ke estiberon suvencionadas por outros partidos estando no goberno municipal, ainda ke en campaña electoral se dixera ke iso se sia a acabar .pero como iso son palabras de politicos , xa sabedes o ke pasa , o importante son os votos.decirbos ke para o ano ke ven vou intentar pillar suvencion, ke eu hai veces ke fago o parvo pero non o son.

  20. 20 liscran 19 Maio 2009 ás 22:24

    comer ovos a sete euros non e nada barato, en nespereira eran a 2 euros a racion

    ASI VAI O CELTA, A SUA PEÑA DE MOS ORGANIZA FESTAS GASTRONOMICAS PORQUE SE ABORRECE VENDO O SEU FUTBOL.

    AGORA SO FALTA QUE OS CARNICEIROS ORGANICEN VIAXES PARA VER O CELTA, ASI ANDA MOS

  21. 21 liscran 19 Maio 2009 ás 22:31

    PARA O PRESI

    SI NON QUERES CONFUNDIR A XENTE NON METAS A DOUS TRANSFUGAS NA FOTO DA PRESENTACION DA FESTA, PERO EU FUN A CHEIRAR E NON ME GUSTOU NADIÑA, SINTOO MOITO.E SIGO PENSANDO QUE A COUSA ERA CARA. AS FESTAS GASTRONOMICAS SON PARA PROMOCIONAR PRODUCTOS, E O OVO NON FAI FALTA PROMOCIONALO, O SEU CONSUMO NUNCA BAIXA.

  22. 23 un de Cela 20 Maio 2009 ás 17:36

    eu o unico que non vin na festa, nin na foto foi o chourizo mais grande de mos,GERARDO.e decir cos da peña son boa xente.as criticas non as tomar a mal eu fun,e sinceramente o prato e caro, e o dia non acompañou.saudos.

  23. 24 o presi 21 Maio 2009 ás 09:50

    gracias amigos po las criticas , sempre son enriquecedoras e se quitan conclusios de elas, non me gusta que se me compare cos politicos por salir na foto con eles, eso hai veces que forma parte do guion ,a quen se lle ocurre relacionar a iribar ( o que foi mitico porteiro do bilbao )con franco po lo simple feito de sair recollendo unha coma das mans do dictador. algen dixo que os ovos non fai falta promocionalos, e certo, nos solo exaltamos un plato que nunha epoca era de moito consumo na zona por ser plato de comida rapida(hoxe sustituidopor pizzas e cousas similares), sobre o precio todo e discutible,os ovos e certo que e a cousa mais barata que hai, son tan baratos que eu si fora galiña non me molestaria en polos, saen o publico sobre 10ctmos. cada unidade, pero os chourizos hainos de moitos precios(e non collades isto con retranca) igual que o viño , decir que o maior coste do plato vaise no propio plato que se pudo levar de recordo(2 € a unidade)o vaso de cristal 35 ctmos. a unidade tenedor e cuchilo 20 ctmos. cada unidade, si se puxera todo en plastico estariamos falandode 15 ctmos. por comensal ,a diferencia e de 2.50€ aprox. en cada comensal, nos decidimos darlle categoria a festa, e posible que nos enganaramos , pero iso sempre e discutible. pensamos que a supervivencia da festa pasa por dar calidade , non quero entrar a valorar o que se paga por unha agua que costa 8 ctmos. e nos pagamos en calque sitio 1€, certo e que esa xente paga impostos e tamen e o seu medio de vida(pero podiamos por moitos exemplos semexantes que dia a dia pagamos como caprichos e non lle damos importancia), despois esta a publicidade que se desplega,pagarlle o servicio de catering que cociñou, as exposicions que se fixeron(para ver alguns dos vehiculos aqui espostos en outros sitios pagarianse 3 ou 5 €). con todo isto non trato de xustificar nada ,solo decir que non atracamos co precio do plato degustado ,e da misma forma que non compramos isto ou aquelo por que nos parece caro aqui podemos facer o mesmo, nadie esta obligado a vir ,e menos a consumir. hubo xente que viu mirou as exposicions e marchou.si andades en algo de organizar cousas sabredes o duro que e esto e a cantida de paus que caen por calquer pequeno fallo.solo esperamos que o proximo ano nos acompañe o tempo.sobre o celta , e certo que da pena, pero eu son do celta ,e cando o fai mal, non cambio de chaqueta e digo que son do madrid ou do barça(hai moitos que teñen varios chandals no armario e os poñen segun a ocasion),sei reconocer cando un eqipo xoga ben e tamen me gusta que os equipos españoles gañen cando xogan en europa , ainda que moitos aficionados dan pena, disfrutan mais cas derrotas do rival que cas vitorias do seu equipo(eu disfruto cando voto un polvo eu ,non cando non o vota o veciño )jajajajajajaja. gracias a todos chau


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: