As Noites Vivas regresan a Mos

noitesvivas2

:: Esta fin de semana a concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro encherá de actividades as tardes e madrugadas do venres e o sábado ::

“Despois da boa acollida e índice de participación que obtivo o programa Noites Vivas o pasado mes de abril, esperamos que esta nova quenda de actividades previstas para maio logre o mesmo éxito que a anterior”, declarou Loureiro esta mañán mentres anunciaba que “o vindeiro venres, día 8, retómase a iniciativa das Noites Vivas, que se prolongará ata a madrugada do sábado 9 de maio e, posteriormente, reanudarase en xuño con máis actividades”.

 E é que a programación do mes de abril de Noites Vivas acadou un total de 556 participantes, dos cales 350 foron os asistentes ó concerto de Baldosa Amarilla, Turres Band e Daga de Dos Puntas; e os restantes 206 participaron nas demais actividades programadas para o mes pasado. Segundo informou hoxe a concelleira de Participación Cidadá “as actividades que tiveron máis éxito entre a xuventude mosense de menor idade foron os malabares, e as preferidas polos máis maiores foron a danza do ventre e a roda cubana”.

 A programación prevista para o venres, día 8 de maio, consiste na actividade ‘Aprende Break’ nas inmediacións do centro Multiusos das Pozas, de 20.30 a 22.00 horas; ademais haberá ‘Batuka’, ‘Aprende a realizar un bo adestramento’ e ‘Basket-ball’ no Pavillón Oscar Pereiro, dende as 22.30 horas ata as 23.30 horas, e tamén no Oscar Pereiro, de 23.30 a 00.30 horas, terá lugar a actividade ‘Con moita Salsa’, na que se ensinarán pasos deste baile. E para todos aqueles que queiran desfrutar nadando na Piscina Municipal o venres pola noite, terana aberta para baños libres dende as 21.00 horas ata as 00.30 horas.

 O sábado 9 continúan as Noites Vivas cunha exhibición de acrobacias con bicicletas Dirty Jump a cargo do grupo Noinchrules, que se celebrará nas inmediacións do Multiusos de 19.00 a 20.30 horas. O Multiusos das Pozas acollerá tamén, xa pola noite a partir das 21.00 horas, o Campionato Galego de Full Contact Amateur, organizado pola concellería de Deportes mosense, o ximnasio Simón e a Federación Galega de Full Contact.

Advertisements

9 Responses to “As Noites Vivas regresan a Mos”


  1. 1 un de Cela 6 Maio 2009 ás 16:32

    Carallo o campionato de full contac vale para todo,na mesma semana xa o publicaron cando menos tres veces,a verdade e que a empregada de gabino porto ,esta curando,vende a mesma cousa as veces que faga falta.
    tendremos novedades no campionato de full contac,mais noticias despois de publicidade.

    PD.os asistentes as noites vivas contounos,o meu veciño gerardo,de ahi a confusion na asistencia, el so sabe contar billetes,e se pode ser de 500,dan menos chollo.que fino e carallo.

  2. 2 diogo 7 Maio 2009 ás 06:28

    Ala, a Lidia xa lle vai pagar o favor aos calvos aqueles que contratou para protexer ao Gerardo no pleno da moción de censura. Os socialistas debemos estar ben atentos para comprobar e denunciar isto

  3. 3 toxo 7 Maio 2009 ás 09:38

    Alguen me podia confirmar, si o que organizo o do Full Contact e o xefe ou similar dos matóns que contratou o Partido Polpular para o pleno da investidura da Nadie Arevalo?

  4. 4 arastro 8 Maio 2009 ás 15:35

    diogo ti eres tan socialista coma o de cela de cela deixa de ironizar

  5. 5 diogo 11 Maio 2009 ás 11:51

    @arastro
    sociata de todalavida

  6. 6 liscran 11 Maio 2009 ás 21:51

    as noites vivas foron mortas, o ximnasio aberto toda a noite, e nin unha soa peroa, veña a pagarlle horas os traballadores municipais, a gastar. menudo invento de vigo para mos, non pode haber algo novo que non co
    piemos e que saia ben??

  7. 7 culebra 12 Maio 2009 ás 17:10

    menuda merda todo conto onon ai kenllediga nos plenos a berto kee un inutil eten ke pagar pakelle fagan algo . coma si fose de putas

  8. 8 Louriña 13 Maio 2009 ás 11:57

    Algen sabe canta vai costar o Sueño de Morfeo?, que tanta cacarexa a Concellala de Cultura. Considero que antes que traer a Mos este Grupo que seguro nos costa un paston a todolos veciños, O Concello tendria que abonar todas as debedas pendentes Tales como Convenios Culturais, Os Premios do Entroido….. E que di a todo esto O PSOE e BNG, porque a este Goberno non hai por donde collelo, ainda que tomaron o poder para salvar a Patria, son todos unha merda

  9. 9 Mos 17 Maio 2009 ás 14:12

    ah, pois agora xa me quedo máis tranquilo… así sí que sí. De toooodalavida.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: