O Concello de Mos inviste 50.000 euros en alcantarillado para Espaín

alcantarillado-espain

:: A Alcaldesa visitou as obras no barrio da parroquia de Mos, xunto cos edís de Saneamento e Vías e Obras; e anunciou que haberá unha segunda fase para esta zona ::

 A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou as obras de acometida da rede de alcantarillado en Espaín, parroquia de Mos, acompañada dos concelleiros de Saneamento e Abastecemento, Ángel Pereira Carrera, e de Vías e Obras, José María Pereira Eiró.

 A que se está a levar a cabo estes días é a primeira fase da acometida do saneamento neste barrio e, segundo lles trasladou Arévalo a varios veciños esta mañán, “estamos estudiando xa a segunda fase, que abarcaría a parte alta de Espaín, onde quedan unhas oito casas que non se beneficiarían desta primeira fase de alcantarillado; se ben a segunda fase non se poderá realizar inmediatamente despois da que agora se está a acometer, debido a problemas técnicos derivados das alturas dos enganches de conexión á rede”, aclarou a Alcaldesa.

 O orzamento destinado á primeira parte da instalación do sistema de alcantarillado neste barrio ascende a 50.000 euros, procedentes dun préstamo bancario que foi desafectado polo goberno municipal encabezado por Nidia Arévalo e que levaba bloqueado, sen utilizar, dende o ano 2005. A rexedora local declarou durante a súa visita matinal a Espaín que “gracias ó desbloqueo e cambio de afectación do préstamo xa se está a acometer unha parte importante do alcantarillado necesario en Mos”. E é que en 5 meses de goberno o equipo municipal logrou iniciar a metade das obras de saneamento programadas nas que se levan invertido xa 300.000 euros, dos cales 50.000 son os correspondentes ó alcantarillado que agora se está a acometer en Espaín. Ademais de dita rede, neste momento estase a instalar saneamento en Pedrapinta e en tres barrios da parroquia de Cela.

 Arévalo adiantou tamén que “dende o equipo de goberno queremos que antes do verán estean iniciadas tódalas obras de saneamento que temos previstas”, e anunciou que “en breve comenzaremos coa acometida do sistema de abastecemento de auga potable no barrio do Monte, unha das zonas urbanas da parroquia de Sanguiñeda”. “Ó longo de todo o ano iremos cumplindo coas necesidades básicas do municipio: alcantarillado e traída de auga, tal e coma sempre prometemos”, explicou a Alcaldesa mosense a modo de conclusión.

Advertisements

5 Responses to “O Concello de Mos inviste 50.000 euros en alcantarillado para Espaín”


  1. 1 diogo 5 Maio 2009 ás 10:54

    Se non gastara tanto en festas, papatorias e foguetes habería cartos para facer o alcantarillado completo

  2. 2 un de Cela 5 Maio 2009 ás 16:18

    Nidia o alcantarillado en cela xa era hora levades toda a vida os do pp gañando por maioria e nunca fixestes nada tuvo que vir o meu veciño,para que gastedes o mesmo no “payaso popin,fundacion oscar pereiro,e sabe dios cantas festas publicas e privadas”que no alcantarillado, hai que ter collons¡.
    A que non sabedes o que fai o empresario da fariña,con soldo no concello, mirando no interior do alcantarillado.pois decindolle a gerardo, que sala do medio da merda que agora xa somos todos independientes,e louzan non se cabrea, si saimos todos os corichos na mesma foto.que fino e carallo.este metese en calquer sitio con tal de fozar na merda.

  3. 3 maria 6 Maio 2009 ás 08:09

    Seranche todos e todas independientes pero o luns estavanche no local do PP en Petelos. Estanche visatando as obras do alcantarillado pero é un foto moi bonita, o da fariña colando ou sancondo a tapa de alcantarilla , o dos menus de costas, pero a Señora moi “ghuapa” con esas gafiñas que son moi útiles para as resacas.

  4. 4 ECUMENICO 7 Maio 2009 ás 16:18

    Puriiiiitoooooo teatro……………., o da pala xa marchara para casa, pero eles aproveitan todo para facer a foto. Chamaron a Constante a ver que lle parecía, e veña flash…

    TODO ISTO E DO PLAN ZAPATERO E O PSG DE MOS NON DICE NADA. ¿A QUE ESTARAN ESPERANDO?.

  5. 5 culebra 12 Maio 2009 ás 17:16

    aber si falades algo de lito el si e un concelleiro .aberdade e kenon seike dicir mais .ke triste


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: