O Festival de Cans recibe o galardón á iniciativa cultural dos Premios da Crítica – Galicia 2009

chimpibus

A Fundación dos Premios da Crítica – Galicia decidiu esta fin de semana outorgar o premio na categoría de Iniciativas Culturais ó Festival de Cans. É a primeira vez que un festival audiovisual recibe este galardón, un dos máis prestixiosos de Galicia polo que a organización agradece o premio e afirma que suporá un “grande impulso” para a celebración da edición deste ano, que terá lugar do 20 ó 23 de maio e que será presentada en rolda de prensa o próximo venres 8 de maio.

Os premiados noutras categorías son Ramón Lorenzo Vázquez (Galego Egrexio), Luis González Tosar (Creción Literaria), Enrique Monteagudo (Investigación), Camilo Nogueira Román (Ensayo e Creación), Juan Durán (Música) e Nova Galega de Danza (Ciencias e Artes da representación). Os galardóns entregaranse nun acto que terá lugar o 30 de maio en Mondariz Balneario.

Na edición do ano pasado, o Premio da Crítica – Galicia á Iniciativa Cultural foi para o Arquivo do Reino de Galicia. Entre outros, recibiron este premio anteriormente a Asociación Cultural Xérmolo de Guitiriz, A PENEIRA, o Museo Etnográfico de Limia, a Semana Galega de Filosofía de Pontevedra, os cadernos da Escola Dramática Galega, o Grupo Atlántica e o Museo do Pobo Galego.

Os premios da Crítica – Galicia convocáronse por primeira vez no ano 1978 polo Círculo Ourensán Vigués e en 1992 fíxose cargo deles a Fundación Premios da Crítica – Galicia.

Advertisements

0 Responses to “O Festival de Cans recibe o galardón á iniciativa cultural dos Premios da Crítica – Galicia 2009”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: