O PSOE pide ao goberno local que aumente a débeda financieira para pagar facturas pendentes aos acredores do Concello

ivansede0111 

O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, informou que o grupo socialista pedirá ó goberno local no pleno, a posta en marcha das medidas recollidas no novo Real Decreto-ley 5/2009 aprobado polo goberno de España, e que permite ós Concellos aumentar a débeda financieira para facer fronte á dédeda que o Concello ten coas pequenas e medianas empresas ás que o Concello lle adeuda facturas sen abonar.

O Grupo Socialista quere deste xeito, axilizar o pago das facturas pendentes pòlo Concello do Porriño, que segundo os cálculos socialistas, rondan os 2,5 millóns de euros. “Sabemos –afirman Vaqueiro-, que as empresas o están pasando mal, e debemos axilizar os pagos canto antes. É por elo que entendemos esta situación extraordinaria como unha obriga a tomar medidas urxentes para facer fronte a estos impagos por parte do Concello. Nos últimos anos, o Concello eliminou boa parte da débeda herdada, pero convén seguir axilizando o pago das mesmas

Axudar ás empresas a gañar liquidez e eliminar deudas

O Real Decreto-ley 5/2009 permite a cada entidade solicitar préstamos a devolver en 6 anos con ata dous anos de carencia, para o pago de facturas pendentes polas entidades locais, polo que segundo o PSOE, o Concello podería endebedarse para facer fronte a estes pagos.

Segundo o PSOE, Porriño debe avanzar cara a eliminación da débeda pendente en facturas e poder adaptarse á lei de contratos das administracións públicas, que esixen o pago a sesenta días, cousa que con se realiza na actualidade. Somos conscentes do esforzo que significa para as empresas traballar para entidades que logo tardan en pagar, polo que o Concello debe facer o posible por aliviar estas cargas económicas

 

Advertisements

0 Responses to “O PSOE pide ao goberno local que aumente a débeda financieira para pagar facturas pendentes aos acredores do Concello”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: