O Auditorio das Escravas acolle o XI Certame de Bandas de Música do Concello de Mos

bandatorroso

Sandra Temes, Nidia Arévalo, Iván Rey e Julia Loureiro durante a sinatura do
convenio coa Banda de Música Xuvenil de Torroso.

:: A edil de Cultura asegura que “con eventos coma o que se celebrará o vindeiro domingo pretendemos achegar a música a tódolos mosenses e fomentar a riqueza cultural” ::

O XI Certame de Bandas de Música do Concello de Mos celebrarase o vindeiro domingo, 3 de maio, no Auditorio das Escravas da Virxe Dolorosa a partir das 18.00 horas.

Este será o primeiro evento musical que se celebra trala sinatura, o pasado 3 de abril, do convenio de colaboración entre a Banda de Música Xuvenil de Torroso e o Concello. Este undécimo Certame de Bandas de Música é froito de dito convenio, recentemente renovado e asinado pola Alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sandra Temes, e o presidente da banda, Iván Rey Grandal.

Segundo Temes, edil responsable de Cultura, “con eventos coma o XI Certame de Bandas de Música pretendemos achegar a música a tódolos mosenses, enriquecendo dese xeito a súa bagaxe cultural”. A concelleira quixo tamén “convidar ós veciños do municipio a que acudan ó acto do domingo acompañados das súas familias para celebrar o Día da Nai”.

As bandas participantes no certame serán tres, Unión Musical Ponteledesma, Banda de Música Municipal de Caldas de Reis e Banda de Música Xuvenil de Torroso. Todas interpretarán un máximo de cinco pezas que incluirán “un repertorio variado e para tódolos públicos que abarcará dende grandes clásicos ata temas da música contemporánea”, tal e como declarou Rey Grandal, presidente da banda organizadora do certame, quen tamén informou de que “o auditorio ten aforo para unhas 600 persoas e esperamos enchelo, ó igual que en anteriores edicións”.

Advertisements

1 Response to “O Auditorio das Escravas acolle o XI Certame de Bandas de Música do Concello de Mos”


  1. 1 un de Cela 30 Abril 2009 ás 16:36

    a ver si nos entendemos cal e a noticia,que e o undecimo certame de bandas,un convenio novo,unha renovacion de convenio,ou acercamamiento “de la cultura al pueblo”.fodete sandra non sera que ainda te enteraches agora que en mos hai unha banda de musica,coa cal xa esistia un convenio.isto e facer propaganda por facer, o problema e que alguns entran no xogo.verdad ivan?.sobriño de cailo grandal, gran militante do pp.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: