O PSOE local discrepa da política de igualdade do goberno de Mos

:: Os socialistas apuntan que o Concello gastou nunha excursión organizada recentemente 14.000 euros ::

O PSdeG-PSOE de Mos discrepa das iniciativas levadas a cabo polo actual goberno do municipio en relación coa política de igualdade. Segundo lembran “no pleno de xaneiro aprobouse o segundo plan de igualdade municipal. Con este plan se trata de poñer medidas correctoras en prol da igualdade e para elo hai que desenvolver moitas accions positivas que visualicen e valoren a muller en todos os campos da sociedade”.

Os socialistas amosan o seu total desacordo cunha das iniciativas levadas a cabo recentemente. “A primeira acción da concelleira Ana Cabaleiro e levar a un grupo de 200 mulleres mosenses en idade laboral a facer uns circuitos termais o balneario de mondariz durante 4 dias en horario de mañán. Esta actividade ten un custe de 14000 euros” apuntan . Dende o grupo municipal socialista cren que isto se podria facer como actividade final dun programa de igualdade no ambito da saúde, pero xamais como unha medida do plan de igualdade. Esta suponse que é unha actividade para mulleres que traballan , e faise en días laborables e de mañán”, rematan

Recrimínanalle á concelleira que “o dia da muller traballadora , que é un dia reivindicativo tamén o celebrou levando a un grupo de mulleres ao balneario”.

Segundo informan, “o  concello ten que priorizar outro tipo de actividades que senten base que perduren no tempo e que sexan verdaderamente farramentas de igualdade como pode ser: campañas para pais de concienciación de que eles tamén poden levar os fillos o médico, impulsar a participación dos pais na educación maternal, obradoiros de corresponsabilidade, obradoiros para xovenes de sexualidade responsable: embarazos, enfermidades…, obradoiros para xovenes de educacion para a saúde, trastornos alimenticios, charlas sobre planificación familiar ou medidas para conciliar vida laboral e familiar”.

Advertisements

4 Responses to “O PSOE local discrepa da política de igualdade do goberno de Mos”


  1. 1 Pedro 29 Abril 2009 ás 15:48

    Carallo, para comer hai cartos, e logo cando nos van a pagar o Convenio Cultural 2.008 e os Premios de entroido?

  2. 2 Mosense 29 Abril 2009 ás 16:18

    ¿De que vos extranades? É outra mostra máis da politica do PP, farolas, asfalto e papatorias, así é como gañan as eleccións en Galicia. Cada pobo ten o que se merece.

  3. 3 un de Cela 29 Abril 2009 ás 19:35

    tamen sodes a ostia,esto e austeridade compañeiros os da dereita son asi,eles din mentras estan no balneario non gastan en compras.
    so vos pido que fagades un pouco de memoria e pensedes o que fixeron desde que asaltaron o concello.pois nada,contratar un payaso,un periodista estilo os da cope, e decir para dar autobonbo,excursions,cruceiro,festas,etc…….
    pero algo que sexa beneficioso para oconxunto dos veciños, pois non
    tamen vos digo unha cousa,en cela somos felices a un veciño tocoulle a primitiva,e sen xogar.que fino e carallo!.

  4. 4 ECUMENICO 6 Maio 2009 ás 17:57

    Os do PSOE non aproveitades as debilidades do PP. Perdón polo atrevemento pero os veciños de Mos en xeral non saben que:

    – Angel Sío está de novo no concello.
    – Serodio and company andan detrás do Plan Xeral.
    – Ollo coa famosa urbanización de Cela.
    – Que hai unha factura sen pagar do tfno. movil de Xerardo por 3000 euros en dous meses.

    Iso a xente ten que sabelo.
    Istes elementos fixeron a moción de censura por intereses particulares, e agora venden un abandono de partido como si non pasara nada.

    Xa que a prensa non está con vos, sacade panfletos ou o que sexa, pero dicirlle dunha vez a xentiña de Mos o que acontece.

    Adiante


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: