Salceda renova o seu alumeado

alumeadosalceda

O proxecto de “Alumeado, centralización e reducción do gasto enerxético en varias rúas do Concello de Salceda de Caselas”, incluido no Fondo Estatal de Inversión Local en cun orzamento de 103.373,39 €, está sendo executado pola empresa CAHE neste concello.

Os traballos contemplan a sustitución de 33 equipos de iluminación instalados actualmente (reactancia, arrancador e condensador) por modulos de reactancia electrónica con corrección do factor de potencia, a instalación de 28 novos equipos, o desmonte de 14 báculos metálicos instalados nas aceras e a instalación de 1.142 metros de cable por fachadas e subterraneos.

As rúas onde se levan a cabo estes traballos son a Rúa Arxentina, Rúa Brasil, Avda. Galicia, Rúa Vigo, Rúa Joaquín Fernández Sestelo, Rúa Vigo e Rúa Victoriano Pérez Vidal.

 

O Concelleiro de Vias e Obras, Fortunato Álvarez comenta que esta era unha obra moi necesaria, xa que había algunhas rúas mal iluminadas, equipos deteriorados, obstaculos nas beirarrúas, que as estreitaban ainda máis e un despilfarro enerxético com instalación totalmente obsoletas. Eran númerosas as peticións de veciños que vivian nestas rúas com edificacións de nova construccións carentes destas instalacións.

 

Advertisements

0 Responses to “Salceda renova o seu alumeado”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: