Ponse en marcha en Mos o servicio de Transporte 065 para persoas discapacitadas ou dependentes

A concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro informou da posta en marcha do servicio de Transporte 065 para persoas con mobilidade reducida ou discapacidade. O servicio, promovido pola Xunta de Galicia, entrou en vigor no municipio de Mos o pasado martes 21 de abril.

O Transporte 065 supón unha axuda para a mobilidade persoal de individuos con discapacidade ou dependentes. Segundo informou Loureiro, “estas persoas poderán viaxar cun acompañante e o servicio consta de vehículos adaptados ás necesidades dos pasaxeiros, con cuidador os 365 días do ano, para calqueira tipo de traslado coma ir ó banco, á farmacia, ó hospital, etc.”

 As persoas interesadas en ser beneficiarias desta axuda deberán ser residentes en Galicia, ter recoñecido un grado de minusvalidez do 65% ou superior e a imposibilidade de empregar o transporte urbán. “Os mandantes mosenses do servicio Transporte 065 deberán pedir cita coa Asistente Social do Concello, quen lles entregará un informe no que conste a imposibilidade de uso do transporte colectivo e á súa vez lles facilitará o formulario de solicitude do servicio 065”, tal e como explicou a concelleira Julia Loureiro.

Advertisements

1 Response to “Ponse en marcha en Mos o servicio de Transporte 065 para persoas discapacitadas ou dependentes”


  1. 1 culebra 5 Maio 2009 ás 01:26

    kesorte xatemos ken valla a buscar a nidia ,temes.jefe,lito.e berto a casa pair o concello


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: