Pereira: “Non tememos que decaian os investimentos da Xunta no Concello”

pedro-pereira-entrevista1

e n t r e v i s t a

O concelleiro de Vías e obras do Concello do Porriño, Pedro Pereira,  ten por diante uns meses de intenso traballo. Recíbenos no despacho da Alcaldía rodeado de papeis nos que figuran os once proxectos de obras que ten pensado activar no mes de xuño. A lección a ten aprendida: orzamentos, emprazamentos, materiais,… logo da parte técnica, a entrevista derivou nas relacións do Concello coa Deputación e o cambio de cor no goberno da Xunta.

D.G/X.R.C
-Dos once proxectos presentados ao Fondo Estatal de Inversión Local hai algún que xa estea en marcha?
-En execución, a día de hoxe, non temos ningún. Temos xa adxudicados catro proxectos, tres deles de saneamento; un para a parroquia de Chenlo, outro para a de Mosende e outro para Cans, os tres das mesmas características. O cuarto proxecto adxudicado é o de sinalización viaria. Este último acometerase no casco urbano, concretamente coa construción de pasos elevados dende o Instituto hacia Cans, na rúa Domingo Bueno á altura da Guía e outro na rúa do Cando. Esta mesma actuación levarase a cabo tamén en Torneiros no último bloque da Fase 1 hasta Ribeira. Por outra banda, colocaremos sinalización vertical en todos os núcleos de poboación basicamente centrados nas intersecións.
En proceso de adxudicación temos os tres proxectos máis importantes: dous de humanización e outro de saneamento. Como é sabido, un deles é a humanización dun tramo da rúa Ramón González, collendo xa a rúa Manuel Rodríguez, todo o entorno da Igrexa, ata a rúa Xogo da Ola. Trátase dunha obra importante; a súa tipoloxía é un pouco distinta á xa coñecida: levará pedra, levará adoquín e lousa, pero aquí si que habería un tránsito de vehículos en boa parte da rúa, dende Pio XII ata o Xogo da Ola.  Outro proxecto que estarán a piques de adxudicar é o da humanización en torno das vivendas da Fase 1 de Torneiros. Facilitaranse os accesos eliminando escaleiras, construíndo rampas, é tamén unha obra relevante que ten un dos orzamentos máis altos dos prantexados.
Como dicía, temos tamén en proceso un proxecto de saneamento para a zona de Costeira, Levada e Madorras. Tamén temos presentada unha obra para Domingo Bueno de cambio dos materías das tuberías e outra de accesibilidade na zona de oficinas de Torneiros.
Eu calculo que a finais do mes de maio, como moi tarde, todos estes proxectos estarán adxudicados de maneira definitiva e no mes do xuño parte delas estarán iniciadas.

-Contemplan peonalizar ese tramo da rúa Ramón González ata o da rúa  Xogo da Ola?
-No proxecto non está contemplado. Estamos a valorar se se pode facer no primeiro tramo, dende onde remata a rúa peonalizada actualmente ata Pío XII, tan só ese tramo. Os técnicos están a valorar a situación xa que aí no existe problema de aparcamentos pero sí o da entrada ao mercado. Isto levaría a cuestionarse o emprazamento do mercadiño. Non é algo que nos esteamos a prantexar de xeito inmediato pero tamén sabemos que non debe demorarse moito a apertura dese debate. Hai que buscar unha alternativa, non só polas obras de humanización senón tamén contando coas numerosas vivendas que agora hai na rúa Leandro Diz coas súas respectivas prazas de garaxe.

-Ademais dos proxectos dos que falaba anteriormente, que queda por facer nas parroquias?
-Queda moito por facer, tanto nas parroquias como no centro urbano, pero é certo que nas parroquias é onde se nota  máis  a carencia de servizos. É certo que nos últimos anos fixemos un importante traballo de adecentamento do acceso ás vivendas, iso está ben cuberto, e tampouco existe xa un problema de abastecemento de augas. Sigue habendo unha carencia importante no saneamento que xa viña de antes; fixemos un esforzo relevante durante estes anos, a maioría das subvencións chegadas da Xunta e outras da Deputación foron investidas en proxectos de saneamento. Na actualidade, fora destes proxectos do Plan Estatal temos dous iniciativas en curso: un de saneamento na zona de Vitureira en Budiño, coa axuda da consellería de Medio Rural, e outro en Atios  polo Plan de Cooperación Provincial da Deputación.

-Cabe a posibilidade de que entre a Xunta e a Deputación, co apoio que se supón vai ter logo do cambio de goberno, se apropien da autoría das obras que se realicen no Porriño?
-Nese senso non creo que exista ese perigo. É posible que a Deputación faga algún tipo de obra sen contar co Concello do Porriño, algo que xa fai e que levamos criticando dende hai bastante tempo. A Deputación tentou incluso “puentear” a este Concello, a este goberno, con actuacións acordadas con distintos colectivos; nós non criticamos a obra pero si as maneiras. Nós non estamos tan só para asinar unha autorización para levar a cabo unha obra, obra  coa que podemos estar dacordo, pero tamén estamos para debatir e discutir cales son as prioridades do municipio. A Deputación, a día de hoxe, nesta lexislatura e na anterior, non fixo ningunha obra a maiores das que lles correspondía a este Concello.
Un trato peor? Dificilmente pode haber un trato peor. A día de hoxe non houbo ningún tipo de achegamento por parte da Deputación a este goberno para facer obras necesarias. Pechan as súas portas e nin sequera reciben ao Alcalde para tratar estes asuntos; nesta lexislatura produciuse tan só un encontro logo de estar case un ano pedindo a entrevista para tratar temas de importancia para O Porriño. Hai unha falla de respecto institucional brutal por parte da Deputación a este Concello.
Hai un dato importantísimo que sirve como exemplo: o campo de fútbol de Atios. Pode ser que este goberno non transmitira todos os datos en relación a esta obra e moita xente  pense que o campo foi feito con fondos da Deputación. Pois ben, a Deputación puxo o mínimo que podía poñer no convenio con este Concello, algo que no fixo noutros municipios, onde sí financiou iluminación, obras estruturais, etc. O Porriño tivo que preparar os terreos, poñer a iluminación, servicios… En definitiva, o Concello investiu máis nesa obra que a Deputación.
Quixéramos que no que queda de ano e de lexislatura, o organismo provincial se abra para tratar de proxectos importantes para o noso municipio, como está a facer con outros concellos.

Agardan ter bo trato coa nova Xunta? Hai algún proxecto previsto no que participe a administación autonómica que poida “caerse”?
-Hai moitos proxectos que agora mesmo están en trámites coa Xunta. Que haxe risco de que caian?, non creo. Por exemplo, estamos a tramitar a transferencia da estrada PO-407. Mantivemos reunións coa Delegada Provincial de Política Territorial para falar dese proxecto e penso sinceramente que agora non teñen por que darlle marcha atrás. Nós estivemos gobernando durante un tempo de anterior lexislatura co PP na Xunta e houbo un bo entendimento en todas a áreas, primou unha relación institucional boa. Agora non ten porque ser doutra maneira. Non tiñan por que decaer os investimentos da Xunta no Concello do Porriño, non temos ese temor.

Advertisements

1 Response to “Pereira: “Non tememos que decaian os investimentos da Xunta no Concello””


  1. 1 María Lorenzo 3 Maio 2009 ás 08:26

    Este comentario vai dirixido o Sr. Pedro Pereira.
    O marxe das obras e proxectos que se realicen, penso que deberíanse coidar algunhas das obras xa feitas, por exemplo o paseo do río Louro.
    E unha boa ruta para a xente que quere andar a sombra das arbores, incluso a xente que quere correr e outros paseando coas bicicletas.
    Pero cada certo tempo que paso por ela, vexo que cada día está mais avandoada, habería que cada certo tempo desbrozar as marxes do río, tamén limpar o propio leito do mesmo, pois despois do inverno ten moita broza acumulada, vixiar os vertidos dalgunhas empresas que penso non colaboran coa poboación, vixiar o mobiliario pois alguns estan deteriorados, e outros simplemente desapareceron. Isto último non ten culpa o concello senon algúns desanprensivos que levaron algunha papeleira, algunha mesa para sua casa. Noutros casos van para alí a tomar algunha merenda e despois non recollen nada, deixan o chan e as mesas cheas de bolsas e botellas plásticas, etc.
    Son unha persoa que ando por diversas rutas, fai uns días coñecin a “senda da auga” en Redondela, ten tramos moi distintos porque pasa por varias parroquias do concello, pero toda a ruta está bastante ben marcada e dosbrozada.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: