O Concello de Mos e Escravas asinan un convenio de colaboración

escravas

:: Á reunión asistiron a Alcaldesa, a concelleira de Benestar Social e a directora do centro, a  irmá María Piñas ::

O Concello de Mos asinou  un convenio de colaboración coas Escravas da Virxe Dolorosa. Ó acto de sinatura asistiron a Alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a irmá Dona María Piñas Sanguino, directora do centro, e a concelleira de Benestar Social, Ana Rodríguez.

Este convenio financiarase cunha partida orzamentaria que ascende a 3.000 euros. Pola súa banda, as Escravas comprométense co organismo municipal a cederlle o seu auditorio para a celebración de eventos sociais e culturais, algo que xa veñen facendo dende hai moitos anos, e a encargarse da organización e confección de obradoiros didácticos como invernadoiros, manualidades, labores, pintura e outras actividades, “a fin de que a integración social e laboral das persoas diminuídas físicas e psíquicas sexa unha realidade”, segundo declarou esta mañán a edil de Benestar Social.

 Rodríguez Cabaleiro fixo referencia durante o acto de sinatura desta mañán á “fluída relación e estreita colaboración que, dende fai tempo, veñen mantendo o Concello e as Escravas da Virxe Dolorosa; relación que queremos manter durante moitos anos”. E é que as Escravas levan instaladas en Mos máis de 30 anos e levando o nome do municipio por competicións deportivas o longo e ancho de España. Sen ir máis lonxe, onte as súas alumnas gañaron un campeonato de baloncesto en Vigo e fai uns meses fixeron o propio nunha competición de natación en Ourense.

 O primeiro evento que se celebrará no Auditorio das Escravas da Virxe Dolorosa tra-la sinatura do convenio será un concerto de corais que terá lugar o vindeiro domingo baixo o título ‘O son dos cantares’.

 As internas das Escravas da Vixe Dolorosa son nenas e mulleres diminuídas físicas e psíquicas. Nos seus inicios as Escravas de Mos comenzaron coma gardería.

16 Respostas to “O Concello de Mos e Escravas asinan un convenio de colaboración”


  1. 1 sarabia 24 Abril 2009 ás 16:39

    Que santiña a Nidia o lado da monxiña. Tiñadelaque ver o sabado no Pazo borrachiña dende primeiras horas da tarde ata ata ben entrada a madrugada. Triste espectaculo que scontinuo nos pubs de Porriño. Isto non é serio señora alcaldesa.

    A todo isto o concerto e no multiusos ou nas monxas.

  2. 2 Mos 24 Abril 2009 ás 18:52

    hostia que medo. Os talibáns rondan Mos. As mulleres non deben saír nen beber. Dí que sí, qué carallo. Un bó burka e todo arranxado. Mellor aínda: as mulleres na casa, nada de andar en política.

    Un home nunca o faría, non señor. ¿Un home bebendo nunha festa? ¿un home bebendo nun pub? Tremendo. ¿Un home bebendo dentro dos límites do seu concello ou nas súas cercanías no seu día -ou noite libre? Iso pasa por ter mulleres nunha lista. Franco sí que sabía. Con él, as mulleres non podían nen abrir unha conta corrente.

    En troques de falar do aborto e a influencia nefasta -e inxustificada- dos curas na sociedade, de retirar a subvención a centros que segregan aos alumnos por sexo, de evitar que a patronal reaccionaria obteña eses oito dias de despido por ano traballado, de coidar a nosa lingua, de memoria histórica, en fin… de diferencias ideolóxicas e de cuestións prácticas, mellor volvamos á retórica machista, é tan fácil…

    Por certo, Sarabia, sei de boa tinta que todos os próceres da nosa patria (Quintana, Feijoo, Touriño) e a maioría dos seus colaboradores -homes- son abstemios. Pero seguro, seguriño que toooooooooooooodas as mulleres que están na política (tanto de esquerdas coma de dereitas) sonche unhas lurpias bebedoras. Qué horror. Espero que tí sexas un home, así ninguén dirá nada.

    Me voy a rezar el rosario porque esto es inaguantable. Adónde vamos a parar…..

    Todas as mulleres son unhas lurpias, menos as monxas: ajajaja.

    Por certo isto non ten nada que ver co artigo(eu non me acheguei a unha monxa na vida), pero provocoume ese comentario teu tan intelectual, cabal e feminista.

    Salud e civilización.

    A ver se saímos da touba dunha boa vez.

  3. 3 non mo podo crer 25 Abril 2009 ás 13:02

    Pobriñas ai que darlles cartos porque viven na mais absoluta das miserias(polo do voto de pobreza).na mansión de luxo,só teñen xardineiros, cociñeiros,persoal de limpeza, coidadores…

  4. 4 sarabia 25 Abril 2009 ás 14:39

    Para Mos
    Dende logo que me da igual que sexa home ou muller, xoven ou vello pero eu esixo que a persoa que manexa os cartos de todos, millóns e millóns teña algo de sentidiño.
    o que faga na súa vida privada importame ben pouco, pero cando está representado o todo o noso concello, insisto a todos os de deritas e os de esquerdas, eu penso que debe de controlarse.

  5. 5 Mos 25 Abril 2009 ás 17:20

    Sarabia, o fondo do asunto, e tí o sabes ben, é que é unha tía. Se a miraron coma ti dis no Porriño de madrugada, iso non é horario laboral. Disculpa o ton do meu escrito si te molestou. Imaxino que non eres ningún home das cavernas. Pero hai que coidar as formas antes de atacar por cuestión de xénero.

    Eu non votei na miña vida ao seu partido, e non o farei nunca, pero non me parece mal que un político saia polo seu concello, comportándose coma nos comportamos todos.

    Se está nunha festa no concello – dende a mañán á noite- ¿cómo podes pretender que non beba unha fecha de viño en todo o día?
    ¿quén pode pedirlle a unha persoa nova que non saia?

    O que eu lle podo reprochar serían as súas ideas. Pero hai que falar de ideas, non da vida privada da xente (a non ser que se faga un chalet cos cartos de todos ou acuda de mala maneira a un acto oficial).

    Se fora máis retorcida – neste asunto- iría de marcha a Pontevedra. A min, francamente, me gustaría que os da miña corda andaran tan libres coma parece que anda ela. Ten todo o dereito a comportarse coma unha cidadana normal e dar as voltas que lle pete polo seu concello e arredores. O facemos todos, ¿ou non?

    O control debe levalo dentro de horas de traballo. A min me daría risa un alcalde que estivera coma un moucho nunha festa do meu concello.

    En canto o das monxas, non podo opinar. Non sería ecuánime. Provócanme unha desconfianza e aversión profunda e instintiva, difícil de erradicar a estas alturas. Repito que nunca estiven a carón dunha soa delas.

    Grazas por responderme.

  6. 6 un de Cela 26 Abril 2009 ás 16:18

    SI mos e totalmente normal, emboracharse nun acto publico,aznar faino bastante,case que todos os dias,e nidia copia pois e unha gran seguidora de aznar,ainda que leve oito anos para ler un libro seu.
    E non confundamos vida publica e vida privada,cousa cos da dereita soen facer.non quero nin pensar na festa de fin de curso que clusure a alcaldesa ou alcalde, con este tipo de actitudes.

  7. 7 sarabia 26 Abril 2009 ás 21:02

    Mos dicirche que me caes ben, pero se ve que eu son un chisco máis vello ca ti e vexo as cousas dende outra prespectiva. Insisto en que cada quen faga o que queira coa súa vida privada, pero de igual maneira que non me parecería ben que o mestre do meu fillo fose a clase borracho ou estivese nun festival borracho non me parece ben que a alcaldesa cando está actuando como alcaldesa e non coma Nidia esté borracha. Os alcaldes ou alcaldesas non son uns funcionarios cun horario fixo de traballo eles teñen que representarnos a todos/as nos actos ou acontecementos que se realicen no concello sexan un sábado ou un luns.

  8. 8 Mos 26 Abril 2009 ás 21:06

    ¿Emborracharse nun acto público? Pero tí a miraches? onde era? seica nun pleno??. Insisto no mesmo: se eu falo de Aznar, direi que na miña opinión é un fascista e un pueblerino deslumbrado pola fama, que utiliza o seu paso pola política para sacar cartos en Jeorjetaun, ou que é un inculto que non sabe nen falar, tamén que puxo en perigo moitas vidas, apoiando a ese infrahumano de Bush. Pero o que faga no seu tempo libre – aggg, non me quero nen imaxinar qué fai- é cousa súa.

    A mín fálame de política. Non vou ser quen de contribuir a rumores e comentarios malintencionados contra unha muller que resulta que é a alcaldesa do meu concello. Me guste ou non o seu partido. O que faltaba e que empecemos a controlar ás mulleres.

    Insisto: falemos de política, non de gilipolleces. Se a crítica que se lle pode facer é que cando sae bebe unhas copas, estamos aviados…. Insisto: por desgraza, os talibáns avanzan en Pakistán, non sabía que en Mos tamén. Non sabía que había tanto abstemio, tanto machista e tanta hipocresía.

    Cal é o próximo paso: unha especie de lei seca? anda ya, j****
    A ver si temos un pouquiño máis de nivel (humán e político).

  9. 9 diogo 27 Abril 2009 ás 07:46

    Para Mos. Falar de política é moi aburrido.
    biba Nidia Ieltsin

  10. 10 ECUMENICO 27 Abril 2009 ás 16:01

    ¡Oes Mos!. Un raio me parta si non eres de Esquerda Unida.
    Tomalle un tinta femia e deixate de teorías caducas e mais caralladas. E nada de porros, nin sustancias estupefacientes.
    Polo que falas pareces liberal, mais de esquerdas que de dereitas, pero aínda non te deche conta. Tranquilo, cos anos iso se aprende.

    ¡Oes! Teñen razón. Deu pena ver a esa señora borracha.

  11. 11 sarabia 27 Abril 2009 ás 18:27

    Insisto, Mos, caesme ben e gustaríame falar de política pero non dispoño de demasiado tempo.
    Nótase que eres novo, pero direiche que eu xa non falo de Aznar, falo do presente e do próximo e iso tamén é politica.
    Nidia aproveitouse das ideas e o traballo dos xoves de Mos e agora anda a vender a festa de Arde o Pazo coma se fora obra do goberno do PP. Iso non está ben
    Tampouco está ben que ande a arreglar con cartos de todos propiedades privadas como son as capelas ou pavimentando terreos privados.
    Non está ben que se queixe de que non lle eixaron cartos e os este gastando en flores en pagar horas e horas a empregados do concello que esta a arreglar propiedades privadas.
    Non está ben que se quira facer co Pazo dos de Mos, que arreglamoss todos nos cos cartos do monte e non dubide en poñer en marcha toda a rede de tentqaculos caciqueles de amenazas e mentiras con tal de conseguilo.
    Non está ben insisto que a nosa alcaldesa estivese borracha nun acto público no que estaba como alcaldesa coas autoridades provinciais i eu si a vin eu estaba alí .
    Mos non veñas a ensinar a un zapateiro a facer zapatos.
    Moitos de nos levamos anos e anos de loita e doe que nos chames machistas ou talibáns.

  12. 12 Mos 28 Abril 2009 ás 20:51

    Sarabia, agora sí me falas da alcaldesa e me dis cousas. O pazo, a pavimentación… Iso é perfectamente discutible. Por outra banda o seguinte:

    1. Seguro que teño máis anos que tí fixo. Bastantes máis. E non estou pola labor de dar leccións a ninguén.

    2. Falei de Aznar porque para min él e xente coma Fraga serán sempre a encarnación da dereita, para mín en concreto eses dous, a encarnación do perigo e do medo. Agora e en décadas anteriores. Como teño xa unha idade, para mín todo vai no mesmo saco.

    3. Eu non son miope. Eu tamén a vin. Para mín non tiña maior problema.

    4. Precisamente por levar anos e anos de loita, como tí dís é absolutamente necesario que sexas riguroso, que sexas ecuánime, que combatas nun bó terreno, e non nestes campos tan tremendos. Ti sabes que gran parte de todo isto é que é unha tía. O sabes. precisamente se eres de esquerda hai que demostrar que somos superiores. Moralmente, polo menos. Atacar sí. Pero de maneira digna. (Isto soa antiguo, seino, pero é a miña opinión).

    Reitero as grazas. Contesto precisamente por iso, porque sei que hai xente que merece a pena, que como ti dis, seguro que levades tempo pelexando por mellorar o concello. Tómao coma unha crítica constructiva, sen nengún mal ánimo. Polo menos escribes coma unha persoa. Pensa que os demáis tamén levamos enriba o noso.

    Isto era para Sarabia.
    Outra cousa é ecuménico (estás zumbado, non é?. Só dis parvadas, carallo Penso que de agora en adiante vou chamarte Rouco, é o que máis te vai, “lince” dende logo que non) e Diogo (bueno, estou seguro de que só falas así nos teus posts. Tí sí que eres novo, mmm?) Fai coma Sarabia, e critica as súas actuacións municipais. Ai, é verdade. A política dis que é aburrida. (Diogo, eiquí é cando río a cachón). A cachón.

    Un saúdo.

  13. 13 diogo 29 Abril 2009 ás 07:47

    Como dicía o outro: seica estás bébeda Nidia Hellen

  14. 14 Pedro 29 Abril 2009 ás 15:46

    Carallo para a igrexa si que hai cartos, e logo cando van pagar o Convenio Cultural 2.008 e os Premios dos Carnavais?

  15. 15 liscran 4 Maio 2009 ás 23:07

    PARA MOS:
    claro que tes anos, e bastantes, e encarnas o espiritu caduco da defensa da muller, e dices que vas de esquerdas pola vida pero cando pensas que nidia te defende no tema da autovía ben que te derrites, pero ó final era toda unha farsa para chegar o poder. a tí e á xente coma tí estavos moi ben.
    non veñas con discursos caducos de esquerdas caducas, bebamos todos e esquezamos que unha autovía vai pasar por mos, así estarás máis de acordo con quen bebe…ainda que sexa muller,xa me entendes.

  16. 16 culebra 5 Maio 2009 ás 01:22

    como bos gusta polemizar nidia fai o mismo ai ke un sabado no tubulars ou na keima do pazo o jilipollas


Deixa unha resposta a sarabia Cancelar a resposta