O PP porriñés solicitou á Deputación melloras para a seguridade vial das parroquias

visita-a-pontellas2

::O Partido Popular de O Porriño realizou unha solicitude, xa comprometida por parte da Deputación, para a mellora de diferentes infraestruturas viarias::

O pasado mércores, 15 de abril, o presidente do PP local, Manuel Carrera, e Agustín Hernández, antes director de Vías e Obras na Deputación e agora conselleiro de Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, visitaron a parroquia de Pontellas acompañados por varios membros da Comunidade de Montes.

Neste senso, Carrera e a Comunidade de Montes, a petición e consenso de tódolos veciños, transmitíronlle a Hernández a necesidade da colocación de pasos de cebra elevados e de sianis de tráfico con limitación de velocidade para unha maior seguridade dos viandantes. Así mesmo, tamén se solicitou a mellora de beirarrúas nos barrios da Iglesia e Arrotea e dotar das mesmas todo o tramo entre Pontellas e Torneiros.

Os populares solicitan tamén a instalación de pasos de cebra elevados na zona que transcorre entre o campo do Lourambal e o Cuartel da Garda Civil de Tráfico en Torneiros, así como a mellora e cambio do pintado da estrada, que permita cruzar aos vehículos para ir en dirección O Porriño sen ter que buscar unha zona autorizada para realizar o xiro.

Advertisements

2 Responses to “O PP porriñés solicitou á Deputación melloras para a seguridade vial das parroquias”


  1. 1 diogo 21 Abril 2009 ás 12:19

    Titular alternativo:
    El PP se solicita a si mismo mejoras en las parroquia

  2. 2 Madroño 23 Abril 2009 ás 16:13

    Manda carallo qué conexións teñen os do PP co novo Conselleiro que estivo tomando uns chatos cos veciños en Pontellas. A ver si asfaltan a carretera dunha vez por todas que boa falla fai.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: