O Concello de Mos apoia á Fudación Oscar Pereiro cun convenio de colaboración por valor de 20.000 euros

conpereiro

:: A Alcaldesa asegura que, contando co ciclista, o deporte de base “está en boas mans” ::

 Oscar Pereiro, a Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e o concelleiro de Deportes, Alberto Méndez, asinaron no salón de plenos da Casa Consistorial un convenio de colaboración entre o Concello e a Fundación que leva o nome do ciclista mosense. Este convenio, que terá vixencia ata finais de 2009, supón unha axuda municipal para a Fundación Óscar Pereiro que ascende á contía de 20.000 euros máis un local no que poder realizar as actividades organizadas pola Fundación e onde poder trasladar todo o seu material e infraestructuras.

 Ambas partes, Fundación Oscar Pereiro e Concello de Mos, consideran imprescindible a colaboración entre elas xa que persiguen fins case idénticos nos ámbitos cultural, educativo e deportivo. Deste xeito, entre outras, a Fundación levará a cabo accións coma a creación dunha escola de ciclismo, a educación viaria dos máis pequenos nos colexios mosenses, a organización conxunta co Concello da Festa da Bicicleta e a promoción así coma colaboración co campus de verán que organiza tamén o Concello. O convenio apoia dun xeito especial ó deporte de base, de ahí a creación dunha escola de ciclismo tanto a nivel educativo-lúdico como competitivo para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Con esta escola de ciclismo participarase tamén no calendario autonómico de probas oficiais que organice a Federación Galega de Ciclismo para as idades anteriormente mencionadas.

 Tra-la sinatura do convenio, Pereiro agradeceulle ós representantes do Concello de Mos, Alcaldesa e edil de Deportes, “o seu apoio incondicional e a súa enteira diposición a colaborar coa Fundación que dirixo”, segundo declarou. O deportista predeciu ademais o “éxito deste convenio de colaboración xa que persegue un obxectivo lúdico-deportivo e de formación co que podemos cegar moi lonxe”. Dixo tamén sentirse “moi apoiado e querido polos meus conveciños mosenses, o que é moi importante para mín xa que levo este municipio no meu corazón”.

 Pola súa banda, a rexedora local, Nidia Arévalo, declarouse “segura e moi satisfeita ante o feito de que  o deporte para escolares quede nas mans deste gran deportista”. Ademais felicitou a Oscar Pereiro pola súa traxectoria deportiva e desexoulle sorte para o vindeiro Tour de Francia 2009. Arévalo informou, para rematar, de que “dende o Concello estamos a intentar que a partires do mes de setembro, co inicio do novo curso escolar, a Fundación Oscar Pereiro se faga cargo de tódalas actividades deportivas dos colexios de Mos”.

Advertisements

7 Responses to “O Concello de Mos apoia á Fudación Oscar Pereiro cun convenio de colaboración por valor de 20.000 euros”


  1. 1 diogo 17 Abril 2009 ás 10:59

    20.000 euros non dan nin para o gasoil da feijoneta. Esperemos que o Louzan aporte algo máis

  2. 2 culebra 17 Abril 2009 ás 17:42

    o louro mais de 100 e so 6000 O mos outros tantos 5000 oscar pereiro el eo irman 20000 e un local ea furgoneta da peña ai ke joderse

  3. 3 un de Cela 18 Abril 2009 ás 13:12

    populismo total, unha fundacion que leva dous dias funcionando e ala,xa lle damos 20000 euros e adiputacion unha furgoneta de pena,e logo os de natacion,patinaxe,baloncesto,louro,mos,etc…catro duros como ben decia culebra,espero que estes outros clubs reclamen cantidades similares ou mayores,en relacion o numero de rapaces cos que traballan.
    meu veciño tamen quere cartos,para montar a fundacion esquirol verde,na cal o seu cometido sera a defensa do vendido,mentiroso e cobarde.que fino e carallo.

  4. 4 arastro 19 Abril 2009 ás 20:55

    eiqui tedes toda a razon do mundo e unha vergoña ,centos de rapaces dende fai anos nas categorias inferiores de mos louro etc e apenas un puto duro e esta fundacion en pouco tempo ras 20000eurazos asi sen facer nada,lamentable.

  5. 5 outro de cela 20 Abril 2009 ás 12:26

    Mais que unha Fundacion iso parece una FNDICION de cartos. A Fundir o diñeiro de todos que a Lidia a pasta queimalle nas mans. Por certo, so con vender un dos seus cochazos, o flamante ganador do Tour consigue máis diñeiro.

  6. 6 DAS POZAS 20 Abril 2009 ás 17:46

    O.K. con todo.
    Contención do gasto, apretar o cinto, etc, etc. Todo leria.
    A ver cando fan algo estes do PP, que xa vai sendo hora.
    Polo de agora os de Petelos quitaronnos a carretera cara As Pozas, as vivendas protexidas, a casa do concello. Somentes queda que nos den ………………………….
    O de Pereiro que tamén e daquí da Estivada, a Nidia aproveita somentes pra facerse a foto. O resto, todo o que sea polo deporte, dunha maneira ou outra, hai que apoialos. ¡A todos!

    Din que vai levar o anagrama do Concello de Mos na catalina.

  7. 7 Pedro 29 Abril 2009 ás 15:52

    Carallo, pero si Oscar Pereiro xa e rico, e logo cando van a pagar o Convenio Cultural 2.008 e os premios do entroido?


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: