O BNG de Mos denuncia a “falla de criterio sobre a xuventude por parte dos concelleiros do PP”

O portavoz nacionalista de xuventude de Mos, Ramón Barcia, lamenta a escasa participación de público na iniciativa Noites Vivas, organizada polo Concello de Mos. “A pesar de ser unha iniciativa interesante, ainda que non novidosa como pretenden os edís da dereita, carece da aceptación necesaria do público ó que vai destinado. Vese perfectamente a presa deste goberno por aparentar cambios que non levan a ningures xa que están ofertando actividades imprópias desta época do ano debido á sua falta de proxectos novos”, sinala.

Barcia comentou que “estáse intentando meter con calzador ideas de outros concellos como Vigo ou Porriño que teñen unha configuración moi distinta a de Mos e sobre todo estase a intentar demonizar as costumes das nosa xuventude con un paternalismo duns gobernantes ultra-conservadores imprópio dos tempos en que vivimos”.

Por outra banda, o nacionalista quixo deixar claro que “este sábado a piscina e o pavillón permaneceron abertos varias horas co conseguinte gasto de persoal e electricidade pero apenas unha dúcia de persoas acudiron a ese servizo. Só algunhas actividades, como o caso de danza do ventre, mereceron o aprecio do escaso público. Por esta razón, o BNG preguntará polo custe que tivo para o concello a apertura de todas estas instalacións”.

“Durante esta noite primeira de Noites Vivas, contouse coa asistencia de tres grupos locais importantes, pero só o primeiro deles, Turres Band, tivo unha cantidade aceptable de público durante a súa actuación. Isto debeuse a temperatura normal das noites de abril e ó horario que non favorecían a permanencia de xente a pesar de que os grupos tiñan un nivel importante”, apunta.

Tamen quixo resaltar “a inexistencia dun bar para a xente do concerto a pesar da sabida costume da nosa actual alcaldesa de gastar centos de euros invitando a cubalibres á xuventude en coñecidos locais nocturnos demostrando unha vez máis a falta de criterio deste goberno da mentira”.

O BNG pide que se sigan realizando actividades para a xente moza pero, sempre e cando se faga unha oferta que se axuste as súas inquedanzas, conte coa previsión de asistencia que amortice o custe da organización do evento e sobre todo que teñan un criterio lúdico e educativo serio “do que se carece completamente polo de agora neste goberno ilexítimo”.

 

Advertisements

6 Responses to “O BNG de Mos denuncia a “falla de criterio sobre a xuventude por parte dos concelleiros do PP””


  1. 1 amigo 17 Abril 2009 ás 16:05

    Por fin alguén fala claro neste concello.

  2. 2 culebra 17 Abril 2009 ás 17:19

    O burro non traballa con auga e palla tamen fai falla alcol e sobretodo fariña berda lidia

  3. 3 diogo 20 Abril 2009 ás 12:13

    A próxima, unha escursión a neve en agosto, cubatas incluidos. Paga Lidia. Pagamos nos

  4. 4 ECUMENICO 20 Abril 2009 ás 14:31

    Para falar claro, vou dicir:

    Que non se olvide o BNG que durante ano e pico foron compañeiros de votación e oposición daqueles que agora tanto critican. ¿Qué esperabades destes elementos?.

    Quen non se lembra daquelas risadas interesadas entre o PP e o BNG cando Ollea lle decía a Escudero ¡Non te esquezas de que somos oposición! Que tristura.

    Agora hai que foderse compañeiros, e ……….renovarse, insisto renovarse.

    Outro día falaremos das responsabilidades etílicas da presidenta da cámara.

  5. 5 un de Cela 20 Abril 2009 ás 20:44

    Si senor ecumenico,ojea decia son oposicion eo meu veciño,decia son goberno e estou coa oposicion.o nº2 do psoe de Mos,despois de ser denunciado por nidia de falsificacion de firmas dalle o goberno
    o pp, e deixa tirados os seus compañeiros e votantes,e ainda segue vivindo en MOS.que fino e carallo.

  6. 6 liscran 11 Maio 2009 ás 21:59

    SEÑOR ECUMENICO:
    ainda que digas cousas razonables desde o teu sentido socialista, vouche dicir clara unha cousa que tí xa sabes, tamén o afan de Escudero de esquecerse do BNG lle deu forzas a Lidia e colmou a pacencia do Gerardo do PP que o Psoe levou como fichaje na lista.
    Pero ó Psoe ainda lle quedan mais do PP no medio, porque cada vez que vexo ó cabra a aparecendo como socialista,xa lle vale, xa veremos…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: