Carlos Blanco actuará o domingo en A Forna de Budiño

aforna

O Actor e humorista Carlos Blanco fará unha presentación dos seus habituais monólogos na Asociación Cultural A Forna de Budiño. A presentación deste espectáculo será o vindeiro domingo 19 de abri ás 18:30 da tarde dentro da programación do segundo trimestre do presente ano.

Carlos Blanco é un actor cunha ampla traxectoria teatral e un dos galegos máis coñecidos no mundo do cine e a televisión. Durante tres anos foi parte do elenco protagonista da teleserie Mareas vivas e a súa estrea no mundo das longametraxes veu da man de Antón Reixa (O lápis do carpinteiro) e Patricia Ferreira (O alquimista impaciente). Realizou varios episodios en series de Antena 3 e Telecinco, como Hospital Central, Los Serrano ou El Comisario. No mundo do cine ten unha ampla expriencia como actor coas longametraxes máis recentes: Sombras na noite, Una mujer invisible, Hotel Tívoli, Ecos, Trastorno ou Volver de Almodovar. Carlos Blanco sempre foi un actor comprometido, formou parte activamente da plataforma Nunca Máis, surxida a raíz do desastre do Prestige.

Advertisements

0 Responses to “Carlos Blanco actuará o domingo en A Forna de Budiño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: