O Plan de Activación de Emprego dá o seus primeiros pasos en Mos

paemos

:: Celebrouse no CDL a reunión de apertura do Plan de Activación do Emprego que naceu tras ser xestado por Concello, Cogami e AEMOS baixo o marco do convenio de colaboración asinado por estas tres entidades en xaneiro deste ano ::

 Esta mañán celebrouse nas dependencias do Centro de Desenvolvemento Local mosense a primeira reunión do equipo que forma a mesa de traballo do PAE, Plan de Activación do Emprego, promovido polo Concello, a Asociación de Empresarios de Mos e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade. Estiveron presentes Gerardo Alonso Porto, tenente de alcalde e concelleiro de Formación e Emprego, Francisco Domínguez, xerente de AEMOS e José González Pérez, representante tamén da Asociación de Empresarios; Mª Elvira Carrera Gómez en representación do CDL, Elena Fernández e José Antonio Barreiro de Cogami e a axente de emprego e desenvolvemento local, Ana Vázquez Gil.

Ademais destas persoas, participarán activamente no PAE persoal de AEMOS e da área de Formación e Emprego do Concello de Mos, así coma outros departamentos municipais interesados en facelo. Este programa, cunha duración de oito meses e medio dende a data de hoxe ata finais de ano, busca segundo declararon hoxe os seus promotores “paliar o crecente desemprego nas empresas da localidade motivado pola ralentización da actividade industrial en sectores productivos de carácter estratégico e con alta representatividade no territorio”.

O tenente alcalde, Gerardo Alonso, declarou durante o transcurso da xuntanza desta mañán que “hoxe é un día moi importante para Mos porque bota a andar un plan do que veremos as súas consecuencias positivas ó longo dos vindeiros meses”. Alonso Porto explicou que “a miña misión fundamental é a de manter unido ó equipo que integra a mesa de traballo, xa que o éxito desta iniciativa está garantido sempre e cando nos manteñamos traballando por un obxectivo común, na mesma dirección” e calificou o PAE coma “unha gran oportunidade tanto para os mosenses demandantes de emprego coma para o Concello, que se basea nunha política de actuación proactiva”.

Primeira reunión Os puntos abordados nesta primeira reunión foron o coñecemento entre os diferentes técnicos participantes, a creación dun protocolo de traballo, o inicio do estudio do perfil dos usuarios beneficiarios deste programa e a demarcación das labouras fundamentais do equipo de técnicos, tales coma a prospección de mercado e o asesoramento tutelado na búsqueda activa de emprego.

Francisco Domínguez insistiu en resaltar que “o PAE é un plan urxente, de choque, contra o paro en Mos, baseado na colaboración mutua das entidades promotoras e que persegue facer competitivos ós desempregados mosenses por medio da formación”.

Advertisements

9 Responses to “O Plan de Activación de Emprego dá o seus primeiros pasos en Mos”


  1. 1 diogo 16 Abril 2009 ás 06:34

    Carallo, ¿este non era o famoso plan que a Escudero non apoiou e que usou Gerardo para xustificar a moción de censura? Pois na foto non sae nin a Lidia, nin o presidente de AEMOS, nin o presidente de Cogami, ninguén da Xunta, ningún sindicato representando aos traballadores…. Ou este plan é unha merda ou e que Gerardo quere sair el so na Foto. Carallo que fino é.

  2. 2 diogo 16 Abril 2009 ás 10:39

    Anton, é voçe reintegrata?

  3. 3 un de Cela 16 Abril 2009 ás 16:44

    Na oficina do INEM,no porriño estan temblando,xa se miran sen chollo,con este pedazo de equipo,resolvendo o problema do paro.eu tamen destacaria a ausencia do patrocinador do meu veciño,e decir Mañas,presidente de AEMOS persoa que ten moito que decir na moción de censura en Mos.Xa so miralos teñen cara de cansados,este home,meu veciño e un lider nato.se cheja a saber del OBAMA ,que seria de Nidia.que fino e carallo

  4. 4 Putanha 16 Abril 2009 ás 18:25

    Si ghastarades o dinheiro en pipas iríaos mellor.
    Ainda porriba de que os empresarios están aprebeitando para “limpar” as súas plantillas temos que pagarlle a selección do novo personal.
    Gerardo -> CABRON

  5. 5 arastro 17 Abril 2009 ás 09:55

    tamen nada vos vale carallo,o diogo mailo veciño de cela parecen saidos da misma cona so fan roñar .

  6. 6 diogo 17 Abril 2009 ás 10:56

    @arrastro
    da de tua nai

  7. 7 un de Cela 17 Abril 2009 ás 16:13

    Non arastro a min si que hai cousas que me valen,o que non me valen son os vendidos e mentirosos.E dentro do goberno si hai xente que respeto ainda que non cmparta as suas ideas.exemplo,alberto mendez,julia,e hasta si me apuras Nidia,porque polo menos xa sabemos como e a sua forma de traballar e a sua forma de ver a politica,que ainda que como che mencionei anteriormente non comparto en absoluto,pero do resto nada de nada,van o que van,tanto no IMOS,PARTIDO VECIÑAL DE MOS(O JOSE MARIA),PSOE ETC…dalle igual idaes ou partido, van o deles .
    No que respeta a ti o da democracia e aceptar as criticas con respeto,creo que che queda lonxe.non coñezco o diogo,e tampouco comparto todo o que el opina nin como opina,pero leo e punto eiqui comentase a noticia,non o que opinan os demais, salvo ti que o que fas e defender o indefendibel.
    Pero si queres saber de democracia da tua, consultalle o meu veciño, el explicarache,como militar nun patido politico e defender a outro.iso si prepara a carteira.que fino e carallo

  8. 8 culebra 17 Abril 2009 ás 17:34

    ke sindicato estaba presente . oskesaian dai saldran como oficiais ou como peons

  9. 9 Pedro 29 Abril 2009 ás 15:58

    Carallo, ou mellor o transfuga ten cartos de abondo, e nos podia pagar o Convenio Cultural 2.008, e os premios do entroido


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: