Remata o prazo para inscribirse en dous dos cursos de educación ambiental no Porriño

 viticulturacursos00431

:: O prazo para anotarse no curso de boas prácticas agrícolas, que se vai celebrar no CEIP de Atios, e no curso de redución de consumo, que se desenvolverá no Centro Cultural Municipal, remata o vindeiro venres 17 de Abril ::

As persoas interesadas deben dirixirse á concellaría de Medio Ambiente, na Casa do Concello. Existen prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición.

 No  curso de boas prácticas agrícolas , que se celebra en Atios e Pontellas (neste caso o prazo para anotarse remata o vindeiro 21 de abril), as persoas participantes aprenderán a elaborar preparados naturais a partir de plantas silvestres, ou coñecerán máis sobre a rotación de cultivos e as prácticas agrícolas respectuosas co medio e a saúde das persoas.

O  curso de redución de consumo  centrarase na alimentación e o seu impacto na nosa saúde e no ambiente, no aforro enerxético e o esgotamento dos recursos naturais, e na análise da influenza dos anuncios publicitarios no noso  consumo. As persoas participantes realizarán obradoiros de elaboración de xabón e limpadores ecolóxicos, e de marmeladas.

A concellaría de Medio Ambiente do concello porriñés está desenvolvendo este ambicioso programa formativo en colaboración con distintas asociacións parroquiais do municipio. Até o mes de xuño, celebraranse no Porriño diversos  cursos de viticultura, consumo responsable, conservas ecolóxicas , cogomelos,  pan ecolóxico ou boas prácticas agrícolas.

Desde a concellaría de Medio Ambiente, valorase moi positivamente a alta participación rexistrada até o momento. O curso de iniciación á viticultura, organizado en colaboración coa Asociación de Viticultores Val da Louriña en Cans e Torneiros, xuntou a 60 veciños e veciñas en seis sesións durante o pasado mes de marzo.

A concelleira de Medio Ambiente do Concello do Porriño, Miriam Martínez Troncoso, declarou que esta programación pretende que as persoas do municipio comecen a integrar nos seus actos cotiáns a compoñente ambiental.

“A nosa intención e extender a formación en educación ambiental ás parroquias, achegando un mellor coñecemento do noso medio ao maior número de veciños e veciñas posíbel”, afirmou a concelleira.

Advertisements

0 Responses to “Remata o prazo para inscribirse en dous dos cursos de educación ambiental no Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: