Presentouse o libro ‘A comer! receitas cociñadas no Porriño’

 libro_receitas0043

:: A comer! receitas cociñadas no Porriño, é un libro de cociña en lingua galega elaborado a partir das receitas achegadas polos veciños e veciñas do municipio::

O acto de presentación contou coa presenza do Alcalde do Porriño, Raúl Francés; do coordinador do proxecto, Marcelo Rodríguez Acosta; e de dous veciños do municipio que levaron á presentación os seus pratos para degustar entre os presentes; Margarita Santana, coa súa  torta do pai Pío , e Xosé Manuel Iglesias, co seu  pan de noces.

Entre o público asistente, atopábanse numerosos veciños e veciñas que participaron na elaboración do libro achegando as súas receitas. Esta iniciativa, que partiu do Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Porriño, ten como obxectivo promocionar a lingua galega no eido culinario. Desde o servizo do concello porriñés convidouse á veciñanza do municipio a participar enviando por escrito as súas receitas, que unha vez seleccionadas e, no caso de ser necesario, traducidas a lingua galega, ficaron plasmadas no libro que hoxe se ven de presentar.

A edición de  A comer!, receitas cociñadas no Porriño , cunha tiraxe de 1.000 exemplares, contou coa colaboración Xunta de Galiza, a través dunha subvención da Dirección Xeral de Administración Local. O libro compóñeno 132 receitas, estruturadas en entremeses, verduras, pastas e ensaladas, peixes e mariscos, carnes e sobremesas. O obra inclúe un completo índice e un pequeno glosario con vocabulario de cociña en lingua galega ao final. En cada receita especifícase o autor ou autora da mesma, os ingredientes necesarios para levala a cabo, e aos pasos a seguir para a súa elaboración.

Entre as numerosas propostas culinarias, podémonos atopar con receitas propias do municipio, como  a bola do Porriño, os callos do Porriño (a receita das nosas avoas) , ou as  sardiñas con pementos asadas na Risca,  entre outras. Tamén aparecen receitas de comarcas veciñas, como a  empanada de polo do Baixo Miño ou a lamprea seca de Salvaterra do Miño,  e mesmo os pasos a seguir para elaborar un auténtico  asado arxentino.

O Alcalde do Porriño, Raúl Francés, destacou a ligazón existente entre lingua e cociña, “dous sinais de identidade cultural do pobo galego que enriquecen a diversidade do mundo no que vivimos”.  Quixo destacar tamén o Alcalde a importancia da veciñanza do Porriño na elaboración do libro.  “Este libro é unha obra colectiva, sen a achega dos homes e mulleres do Porriño este proxecto non se podería levar a cabo” , afirmou Francés.

Advertisements

2 Responses to “Presentouse o libro ‘A comer! receitas cociñadas no Porriño’”


  1. 1 veciño 14 Abril 2009 ás 16:29

    Manda carallo no que nos gastamos os cartos no Concello!!!!

    Pero non hay outras cousas que facer????

  2. 2 Outro Veciño 14 Abril 2009 ás 18:03

    Para o veciño anterior. Supoño que en vez gastar os cartos nun libro de receitas prefirirías que o concello gastase os cartos en invitarche a comer como facía o anterior alcalde. Canto nos falta para que Galicia sexa un país adiantado.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: