A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou a igrexa de Pereiras acompañada por varios veciños da zona

visitanidia

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, achegouse a comprobar as deficiencias coas que conta a igrexa, localizadas fundamentalmente no tellado, o chan e o retablo, ademais dalgunhas necesidades a maiores no exterior.

 Os veciños que acompañaron á rexedora local na súa visita matinal informárona de que “os principais problemas desta igrexa son a humidade, dado que entra auga polo tellado que leva sen arranxar dende fai máis de corenta anos e as termitas que están a deteriorar o retablo barroco”. Pola súa banda a Alcaldesa comprometeuse a solicitar axudas para solventar estas necesidades tanto á Deputación de Pontevedra coma á Xunta de Galicia, axudas estas sobre as que lles dará ós interesados respostas ó longo do vindeiro mes de maio.

 Sen embargo, Nidia Arévalo pediulles ós presentes que traballen para conseguir que tódalas familias da parroquia colaboren na medida do posible no arranxo da igrexa “que debe ser paulatino e progresivo, igual que ocorreu nos templos de Mos e Cela, o ideal é que cando empeze a reforma, aínda que sexa pouco a pouco, os traballos continúen ata rematar, sen paróns intermedios”, dixo a Alcaldesa.

 

Advertisements

4 Responses to “A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou a igrexa de Pereiras acompañada por varios veciños da zona”


  1. 1 diogo 15 Abril 2009 ás 06:38

    Sen comentarios….

  2. 2 un de Cela 15 Abril 2009 ás 17:26

    so falta na foto, bueno calome non quero ser maleducado facendo comentarios obscenos sobre a igrexa.
    pero me nego rotundamente, que cos meus impostos se aranxen igresas,que cobren entrada e sufragen os gastos.NIDIA comfesariaste antes de entrar, por pecadora,ou e que queres ter unha boa obra co señor, para que che perdoe os pecados.bueno veciño a ti non che digo nada porque ainda estas casado,pero podias deixar algo para o aranxo da igrexa agora andas sobrado,e compra un coche home,que hai que facer gasto non vai ser todo para viga.
    veciño se pode ser un citroen non vaia ser .que fino eres carallo

  3. 3 culebra 17 Abril 2009 ás 17:52

    sinon consiges a anulacion asi mirote jodida . sabes todo ten un precio .moitos santuarios kedanche por reparar .pecadora.

  4. 4 Pedro 29 Abril 2009 ás 15:55

    Carallo, para a igrexa de Pereiras si que hai cartos, e logo sabedes cando nos van a pagar o Convenio Cultural 2.008, e os premios do entroido?


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: