O Porriño acolle unha final de etapa e unha saída da Volta a Galicia 2009

 volta-ciclista-a-galicia-foto-hernandez

Foto Hernández

::O barrio de San Benito acollerá o final dunha das etapas cruciais da volta::

:: O Porriño non recibía ao pelotón da Volta a Galicia dende o ano 1993, cando gañou, na rúa Domingo Bueno, o italiano Gianni Bugno ::

Na súa VII edición, a Volta a Galicia chegará ao Porriño procedente de Cuntis o sábado 18 de Abril (4ª etapa), para partir desde a vila do Louro cara Vilagarcía de Arousa o domingo 19 de Abril (5ª e derradeira etapa). A Volta Ciclista a Galicia 2009, con inicio e final en Vilagarcía de Arousa, desenvolverase entre o 15 e o 19 de Abril.

O acto de presentación contou coa presenza do Alcalde do Porriño, Raúl Francés, do concelleiro de Deportes, Marcos Rodríguez; do Presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo; e do Presidente do Club Ciclista Spol Caixanova, Horacio Barros.

Presentou o acto o concelleiro de Deportes do Concello do Porriño, Marcos Rodríguez Novás, que expresou a súa felicidade pola paso da Volta polo Porriño. “O Porriño recibe despois de moitos anos dúas etapas da Volta a Galicia. De seguro que o público do Porriño vai responder, confirmando a gran afección a este deporte na zona. A 4ª etapa, con final no casco urbán, conta cunha subida á Abelenda moi atractiva para os afeccionados e afeccionadas. Nesta etapa con final no Porriño, unha das máis duras da proba, vaise decidir en boa medida a clasificación final”  , sinalou o concelleiro.

O presidente e director deportivo do club ciclista porriñés Caixanova Spol, participante na proba, lembrou que desde o ano 1993, cando era desputada por ciclistas profesionais, non pasaba a Volta polo Porriño  “Tentaremos facer un bo papel e levarnos algunha etapa. O percorrido deste ano é moi esixente, rompepernas, o que de seguro asegurará espectáculo”, afirmou Horacio Barros.

Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo, agradeceu ao concello porriñés a súa colaboración na organización e patrocinio da Volta.  “Esta edición da Volta desenvólvese nas provincias da Coruña e Pontevedra, onde máis representación ten este deporte, e onde atopamos os apoios económicos necesarios para poder levar a cabo este evento deportivo”, afirmou o presidente.

Fechou o acto o Alcalde do Porriño, Raúl Francés, quen afirmou estar moi contento de que a Federación Galega de Ciclismo pensará no Porriño para acoller unha chegada e unha saída da Volta a Galicia.  “O Porriño é berce de ciclistas, e a afección a este deporte nesta comarca é de todos e todas coñecida. Deséxolle a mellor das sortes a todos os participantes, inda que agarde, obviamente, unha victoria dalgún cicliosta da casa” , declarou Francés.

As etapas da volta

1ª etapa (15 de abril): Vilagarcía de Arousa – A Coruña (130 km)

2ª etapa: (16 de abril): A Coruña – Porto do Son (148 km)

3ª etapa: (17 de abril): Porto do Son – Cuntis (120 km)

4ª etapa: (18 de abril): Cuntis – O Porriño (132 km)

5ª etapa: (19 de abril): O Porriño – Vilagarcía de Arousa (110 km)

Os equipos participantes:

Artesanía de Galicia – Cidade de Lugo (Lugo)

Caixanova Spol (O Porriño)

Chint-Autronic – Club Ciclista Vigués (Vigo)

Nagares – Club Ciclista Luis Ocaña (Cambre)

Renault Caeiro – Club Ciclista Cambre (Cambre)

Supermercados Froiz (Poio)

Aluminios Cortizo – Club Ciclista Padronés (Padrón)

Andalucia Cajasur (Cordoba)

Palmeiras (Portugal)

Santa María da Feira – Lecclerq (Portugal)

Camargo – Ferroatlántica (Santander)

Ciudad de Oviedo (Oviedo)

Comunidad Valenciana (Alicante)

Construcciones Paulino (Oviedo)

Extremadura Spiuk (Badajoz)

Naturgas (Bilbao)

Azysa Conor WRC (Navarra)

Lokomotiv (Rusia)

Advertisements

0 Responses to “O Porriño acolle unha final de etapa e unha saída da Volta a Galicia 2009”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: