O Concello de Mos ultima a instalación de alumeado na zona de Santa Mariña de Pereiras

 alumeadopereiras

A concellería de Alumeado que dirixe o edil Luis Alonso Seijo está a ultimar estes días os traballos de instalación da rede eléctrica municipal na zona de Santa Mariña da parroquia mosense de Pereiras. A partires de agora, contará con luz pública e non voltará a ter que recurrir a un xenerador eléctrico para poder celebrar a festa patronal.

 As actuacións no lugar, que suporán un importante desembolso para o Concello de Mos, inclúen a acometida de 2 Km de tendido eléctrico, dende O Agueiro ata a Capela de Santa Mariña, e a colocación de 20 luminarias ou farolas novas. A Alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, declarou esta mañán durante a súa visita ás obras acomapañada de Alonso Seijo que “a inversión que o Concello está a facer aquí, en Santa Mariña, merece realmente a pena xa que é inaudito que unha zona do municipio non contara aínda cun servicio tan básico coma o da luz”. Ademais a rexedora local amosouse satisfeita de poder compracer as reivindicacións que os veciños do lugar levaban facendo dende hai 20 anos, tal e como eles mesmos declararon. E é que Arévalo foi felicitada durante a súa visita matinal ás obras por varios veciños que se achegaron ata alí para agradecerlle a xestión realizada en favor do barrio.

 A Alcaldesa considerou importante lembrar tamén que o de Santa Mariña “é un dos entornos naturais máis importantes e belos do Concello de Mos, de ahí a relevancia de dotar de alumeado a esta zona da parroquia de Pereiras”.

 

Advertisements

8 Responses to “O Concello de Mos ultima a instalación de alumeado na zona de Santa Mariña de Pereiras”


  1. 1 un de Cela 12 Abril 2009 ás 10:09

    tarde acordache despois de 20 anos,nidia recorda que fai 5 anos mais ou menos,ti estabas no goberno de ramon alonso,de momento os veciños temos memoria.di a verdade grazas a este tripartito de interese que goberna mos,IMOS(ana cabaleiro),NON ABSCRITOS(GERARDO)e PP,isto e o que goberna mos,unha falcatruada de mentiras einteres economicos e urbanisticos que disimulades con cacicadas,que si fan falla pero non son realmente politicas que cambien nada do que fixeron os poderosos en mos,naves sen permiso,muros,garaxes etc….,e logo asfaltando entradas dos amigos.o mellor meu veciño cobra tanto coma a alcaldesa sin rañala nin tan sequera sae nas fotos.que fino e carallo!.

  2. 2 2009 12 Abril 2009 ás 20:28

    Como siempre volviendo al pasado, el de Cela, para intentar desprestigiar la buena labor ede este nuevo gobierno.

  3. 3 anarca 12 Abril 2009 ás 23:06

    Aí, 2009, “cautivo y desarmado el ejercito rojo, las tropas nacionales han alcanzado sus últimos objetivos militares”. Encantame iso de “desprestigiar la buena labor de este gobierno”. Soname un pouco a rancio, penso que quen volve ao pasado es tí. Teño que recoñecer que a Alcaldesa ten un bo fondo de armario, que usa para “inaugurar” transformadores, tobogáns, mans de pintura,… qué fenómena! que alto nível intelectual! Para cando un pantano?. E Gerad; que fino é carallo!

  4. 4 anarca 12 Abril 2009 ás 23:12

    Por certo a estampa é a verdadeira imaxe de Galiza: un a traballar e tres “encarjados” a mirar.

  5. 5 diogo 13 Abril 2009 ás 06:28

    @anarca
    Tres a mirar non, que o Lajarto está a falar polo móbil, e iso é traballar.
    (Yo se lo que es el trabajo porque lo vi)

  6. 6 Non che é de Cela 13 Abril 2009 ás 09:30

    Nin o jíbaro é de Cela, nin a jíbara e de Mos. El é de Cabral e éla e de Vijo, aunque lo nieje.
    O jíbaro non aparece na foto, porque non interesa relacionalo coa jíbara.
    A jíbara aparece na foto, para intentar desmontar aquelo que montaron co jíbaro cando saíron todos nas leiteiras despois do atraco. Ver en Youtube……. como entran todos pra dentro das leiteiras.
    Home, todo o que se faga está ben, pero…… ¿Fará falla sempre o raio da foto?

    Pra foto, a esperada da jíbara co “noso” presidente Feijoo, esa si que será unha foto. Si e que antes non a excomuljan. ¡TEMPO AL TEMPO!.

  7. 7 un de Cela 15 Abril 2009 ás 17:10

    perdoa o que desprestixou este goberno foi outro de cela,que bastante caro vos saiu os da “dereita”,poño entre comillas porque sodes de dereitas cando vos interesa,exemplo ,meu veciño.que fino e carallo.

  8. 8 culebra 17 Abril 2009 ás 18:01

    ai falta camilito e deberiades ter mais respeto non e o lajarto es el lagarto el es de bilinguismo


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: