O PSOE critica ao BNG a ‘escasa inversión social’ no Porriño

vaqueirorecortes

:: Os socialistas que critican a parálise do goberno local, non entenden que se gaste máis en gastos prescindibles que no mantemento dos Colexios, no fomento do emprego ou no medio ambiente ::

O Voceiro do Grupo Municipal Socialista, Iván Vaqueiro, plantexou a necesidade de que o goberno local revise as súas prioridades de gasto, recorte gastos superfluos e oriente e a súa labor de goberno cara as necesidade sociais dos porriñeses e porriñesas.

Segundo o PSOE, “o goberno local está a dar mostras de agotamento político cun gasto sen sentido social que só busca a nota de prensa e sen alcance social nun momento en que cada euro denbe ser investido con sentidiño”.  Así, para o PSOE é incomprensible que se despilfarren fondos municipais mentres se conxela o gasto en educación, en fomento do emprego ou en gasto social, mentras se perden subvencións de outras entidades por mala xestión, cuestión esta de extrema gravidade.

O PSOE, que xestionou a área de educación dende o 2003 ó 2007, amosou a súa preocupación pola deixadez do goberno local na mellora das condicións das escolas do Concello. “O Alcalde de Porriño, responsable da área de educación, é coñecedor de que a Xunta de Galicia asumiu os fondos municipais para gasto en calefacción, que representaba unha parte importante do orzamento, e non foi quen de ampliar as partidas de apoio ó programa de autoxestión educativa ou de fomento de actividaes extraescolares de maneira significativa”

Vaqueiro criticou que tampouco o goberno local teña ningunha estratexia para acompañar as medidas dos gobernos centrais e autonómico para facer fronte ó desemprego, e afirmou que o PSOE traballará para presentar ó goberno un plan de medidas para mellorar a formación e o fomento do emprego tamén a nivel local.

O PSOE amosou así a súa contrariedade coa deriva de gasto do goberno local, afirmando que o goberno local se alonxa das necesidades sociais do municipio ó non destinar nin un euro dos fondos do Plan Zapatero a mellora dos colexios ou do medio ambiente. “Todas as obras son necesarias, pero existen prioridades- afirmou Vaqueiro- quen non dibidou en calificar a política de gasto do goberno de “alonxada das necesidades de Porriño

 

Advertisements

0 Responses to “O PSOE critica ao BNG a ‘escasa inversión social’ no Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: