O BNG de Mos pensa que a ludoteca de San Rafael ‘é importante para os veciños e veciñas’

xose-manuel-ojea

:: O BNG lamenta as declaracións da concelleira Ana Cabaleiro, “que non deixan quedar ben ó Concello de Mos” ::

O portavoz do BNG en Mos, Xosé Manuel Martínez Ojea, maniféstase sorprendido coas manifestacións realizadas desde o propio concello pola concelleira de benestar social, Ana Cabaleiro, en referencia ás obras da ludoteca de San Rafael que a Xunta está habilitando.Segundo di, “a concelleira non diferencia entre as obras que son obxecto de subvención, como son o mobiliario, e as obras de adaptación para a ludoteca”. “Esta ludoteca está pensada para satisfacer a demanda de existente no concello de Mos por parte de familias que desexan conciliar a sua vida laboral e familiar e ademáis sustituir a que o BNG estando no goberno comenzou en Coto Torrón e que tivo que ser trasladada porque neste edificio se vai a construir unha galescola”, comenta Martínez Ojea.

Por esta razón, o BNG critica que desde o concello a encargada desta área Ana Cabaleiro “se adique a criticar defectos constructivos dunha antiga escola que leva moitos anos construidas. Porque si existen ventás de ferro é porque existen outras novas de aluminio que o BNG xa cambiou estando no goberno e non se poden atopar agora deficencias nun edificio tan antigo, máis ben haberá que buscar medios e subvencións para arranxalo, que é a función que ten que facer unha concelleira do goberno”.

O BNG quere aclarar asimesmo que non entende que a concelleira critique a mala ubicación dos baños sabendo que foron construidos fai escasos meses por parte da Deputación Provincial ante unha solicitude da Asociación de Veciños. “Seguramente a deputación fixo uns baños acordes cun proxecto que debeu de comprobar, polo que non se entende que a concelleira critique agora esto e non cando se estaban facendo. En tal caso que critique á deputación as deficencias da obra que subvencionou”, sinalan.

O BNG pídelle a esta concelleira “que non se adique tanto a criticar senón a traballar, porque para iso está cobrando un salario do concello, aparte da sçua actividade profesional á que lle adica casi todo o seu tempo non aparecendo polo concello nada máis que para criticar as obras que outros conseguiron. Polo de agora, esta concelleira ainda non conseguíu nada para o concello de Mos e non é quén de criticar nada”

Por esta razón, o BNG sigue pensando que esta ludoteca é necesaria e pide que se axilicen e se rematen as obras o máis pronto posible sin que faga falta poñer tantos atrancos.

“Desde o noso grupo seguiremos insistindo nas necesarias políticas de conciliación do traballo e do cuidado dos meniños e miñas para todas as familias e seguiremos pensando ademáis na nova galescola comprometida no novo Polígono Industrial de A Veigadaña, esperando que o Partido Popular non bote abaixo os logros conseguidos polo goberno anterior”, informa o portavoz nacionalista.

O BNG pídelle a Ana Cabaleiro, así como a outros concelleiros do seu goberno, unha maior adicación ó concello, porque non se pode estar cobrando do erario público e atendendo as súas empresas e profesións particulares. E aínda máis, achegarse un momento ó concello para criticar as inversións conseguidas por outros.

“Esperemos que a nova Xunta que se vai constituir teña a ben investir en Mos polo menos o mesmo diñeiro que investiu o anterior goberno”, rematan.

A opinión do Consorcio

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar realiza, en base a un acordo co Concello de Mos, as obras de acondicionamento dunha ludoteca en San Rafael. Estas obras parten dun proxecto que foi enviado ao Concello para a súa revisión despois de que a alcaldesa, Nidida Arévalo, e maila concelleira, Ana Rodríguez, visitaran ao xerente do Consorcio, Lois Pérez Castrillo, o pasado 10 de febreiro.

Unha vez revisada a memoria e o proxecto por parte do Concello, a alcaldesa, Nidia Arévalo, remitiu ao Consorcio a correspondente autorización para o inicio obras con data de 4 de marzo, solicitando, ademais, o seu inicio “á maior brevidade posible”.

O Consorcio, polo tanto, “limítase a cumprir o acordo acadado coas representantes municipais e non entende as declaracións realizadas en prensa pola concelleira Ana Rodríguez despois de visitar ditas obras este mércores, posto que esta entidade amosouse sempre disposta a estudar e acometer calquera modificación do proxecto se así lle fora solicitado polo Concello”, sinalan.  

Advertisements

7 Responses to “O BNG de Mos pensa que a ludoteca de San Rafael ‘é importante para os veciños e veciñas’”


  1. 1 2009 7 Abril 2009 ás 14:59

    No intentes dar tantas explicaciones, Ojea, ya no te creemos. Deberias hacer lo mismo que Quintana, marcharte para casa y dejar a los mosenses tranquilos. Tu cara ya nos resulta mas que aburrida.

  2. 2 anarca 7 Abril 2009 ás 22:34

    Perdoa, pero Quintana non se foi, segue no parlamento, agora na Mesa do mesmo. E que é mi dificil prescindir de coche oficial e chófer. E fodido ser agora ATS, e volver ó curro. E coma él, outros coma Castrilliño, Bieitiño,Olleiña-Ojeiña,… despois de todo o que fixeron, seguen coma garrapatas , aferrados á moqueta. E que é dificil voltar a vida anterior, unha vez que se pisa a moqueta, e se ten coche oficial. Ay que demo de burgueses. Como dice o de Cela: ” que fino é carallo!!!”
    Así me gusta,” defendendo os dereitos e libertades dos españois”.

  3. 3 maria 8 Abril 2009 ás 08:12

    Perdoar pero aínda que deixen a política poden voltar os seus postos de traballo tanto que sexan ATS o outro, porque non viven da política, en cambio outras teñen que aprovitarse de transfugas por que non teñen profesión. DE onde sairon os cartos para AuDI, perruquería, modelitos última modelo…..?, da venta de fiambreras?

  4. 4 un de Cela 8 Abril 2009 ás 08:39

    Perdoar pero non sabia que no concello de mos,OJEA tivera coche oficial, decir que quen si ten e CAMILO(josito).que anda mirando obras e outras cousas,por cela co coche de vias e obras, do concello.pero meu veciño xa tomara as medidas axeitadas a tan impropia actuación por parte do presi das novas xeracions do pp.
    si me permites anarca facendo uso da miña ignorancia de politica local pois os de iu,non temos representacion no concello fagoche unha pregunta dentro do mais sincero respeto.que carallo ten de malo unha ludoteca en mos?.pois aos que teñen fillos faille bo apaño

  5. 5 arastro 8 Abril 2009 ás 15:38

    non te metas con cami que cami e moito cami e i.u non lle chega a suela dos zapatos

  6. 6 Sabela 8 Abril 2009 ás 22:45

    Xa lle gustaría a camiliño ser como josito… no único que se parecen en querer vivir a conta do concello, sen pasar polas urnas nin presentarse a unha praza de persoal municipal… Pero josito é unha boa persoa, que non sabe insultar e ameazar aos concelleiros da oposición cando dín algunha verdade que non lle gusta, nin caciquear como quere facer este aspirante a suceder ao avó de Antoñita la fantástica.
    ¡Que vergoña de xente!

  7. 7 anarca 8 Abril 2009 ás 23:25

    Erro María, non van deixar nunca a política, nin os que poderían voltar ser ATS, mestres, etc. nin as/os que non teñen outra profesión. Una vez aí, o importante é seguir a sacar pasta de todos nos. Son todos iguais.Os cartos do Audi pagámolos tod@s, a perruquería tamén, os colexios privados (perdón “concertados) tamén.
    #un de cela: eu non dixen que fóra mala a ludoteca. O que sí digo é que le a nota de prensa da “concelleira por horas” e logo a nota de prensa de ollea/ojea; ti veslle sentido?, ou solo a mín me parece que é arela de estar nos medios? Non teñen nada que ver, iso amosa a “altura intelectual” dos elementos políticos deste Concello. ¿Qué hora es? A por uvas vengo.
    Permíteme que use unha vez máis o teu dito: “Que fino é carallo!!!”


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: