O Arquivo Municipal da Imaxe do Porriño inicia unha recollida de fotos no barrio de Carracido

ami

Autor descoñecido/ Arquivo Municipal da Imaxe. Concello do Porriño.

:: A recollida terá lugar durante o mes de Abril ::

O Concello do Porriño informa, que o Arquivo Municipal da Imaxe, xunto coa a Asociación Veciñal e Cultural “As Mimosas”, veñen de iniciar unha recollida de imaxes antigas polo barrio porriñés de Carracido. Todos os veciños e veciñas que o dexesen, poderán participar prestando as súas fotografías ou películas de lugares, festas, emigración,
sociedade, familia, traballo, acontecementos, vida cotiá, etc.

O Arquivo da Imaxe reproducirá os orixinais, que serán devoltos aos seus propietarios. As fotos recollidas pasarán a formar parte dos fondos do Arquivo da Imaxe e, ademais, empregaranse proximamente nunha exposición no Local Veciñal de Carracido. A recollida levarase a cabo durante todo o mes de abril. As persoas interesadas en participar poden contactar coa directiva da A. C. V. “As Mimosas de Carracido”, ou ben achegar as súas fotos directamente ao Arquivo Municipal da Imaxe, no Centro Cultural Municipal. Con esta nova actividade preténdese continuar o labor de recollida levado a cabo en todas as parroquias do concello, buscando a representatividade de todo o
municipio porriñés nos Fondos do Arquivo.

Desde o Arquivo da Imaxe quérese lembrar, asemade, que ademais desta campaña organizada en Carracido, calquera persoa do municipio pode colaborar co Arquivo cedendo as súas imaxes; formando así parte dun proxecto que se fai grazas a colaboración de toda a veciñanza do municipio.

Advertisements

0 Responses to “O Arquivo Municipal da Imaxe do Porriño inicia unha recollida de fotos no barrio de Carracido”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: