Presentouse o dvd Lúa Conluvas, un recurso electrónico de animación á lectura no Porriño

luaconluvas

Despois de 5 anos, a Biblioteca do Porriño decidiuse a editar un DVD interactivo onde se recolle a experiencia desenvolta por este popular contacontos. Unha experiencia didáctica e pedagóxica, que o concello porriñés ofrece agora en formato dixital para poñer en práctica noutras bibliotecas, nos centros educativos ou nos fogares.

Lúa Conluvas é unha actividade de animación á lectura que se desenvolve todas as tardes dos xoves, a partires das 18:30 horas, na Biblioteca Municipal do Porriño. Exploradora e viaxeira incansábel, Lúa Conluvas leva sempre consigo unha maleta que a acompaña nas súas viaxes, e onde garda os recordos de cada país visitado para contarlle aos nenos e nenas a forma de vivir e sentir doutros pobos do mundo. Esta personaxe de animación á lectura infantil, achega cada semana unha froita representativa do país visitado para merendar cos nenos e nenas.

O DVD Lúa Conluvas contén fichas de 51 países, nas que atopamos unha completa información, e se propoñen elementos para desenvolver unha actividade de animación á lectura sobre os mesmos (con froita, baile, música, lecturas, imaxes…). O obxectivo é fomentar actitudes como a solidariedade, a empatía, ou o multiculturalismo, a partir do coñecemento e o respecto por outras culturas e sociedades. A personaxe de Lúa Conluvas será a nosa guía polo mundo, acompañándonos a descubrir que hai outros mundos, e están neste.
O Alcalde do Porriño, Raúl Francés, afirmou que “O DVD que presentamos hoxe é un recurso educativo para o fomento da lectura de primeiro nivel. Iniciativas como Lúa Conluvas fai que o traballo da Biblioteca Municipal do Porriño sexa recoñecido fora do noso municipio.
Grazas a este particular contacontos, os nenos e nenas do Porriño coñecen a realidade doutros pobos, e aprenden a valorar e respectar a diversidade de linguas e culturas existente no mundo”

A Biblioteca do Porriño finalista nos premios Irmandade do Libro
A Biblioteca Municipal do Porriño resultou finalista na modalidade de fomento da lectura nos XVIII Premios Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galiza. A biblioteca porriñesa compartiu galardón coa biblioteca de Oleiros e coa Asociación Cultural Lonxa Literaria de Moaña.

Advertisements

0 Responses to “Presentouse o dvd Lúa Conluvas, un recurso electrónico de animación á lectura no Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: