Martínez Ojea asegura o BNG deixou a obra de San Eleuterio ‘encamiñada’

ojea-vivenda

O portavoz do BNG en Mos, Xosé Manuel Martínez Ojea, maniféstase sorprendido coas manifestacións realizadas desde o propio concello pola propia alcaldesa de Mos nos últimos días manifestando como unha consecución do seu partido as obras dos accesos a San Eleuterio.

Segundo afirma Martínez Ojea “probablemente, Nidia Arévalo esqueza que o Partido Popular estivera 15 anos seguidos no poder sin realizar ningunha actuación nos accesos a San Eleuterio permitindo que a Xunta construise esta urbanización sin ter uns accesos decentes e co perigo para as persoas que tiñan que desprazarse a pé desde esa urbanización”.

Por esta razón, o BNG critica que “desde o concello se estea enganando continuamente ós veciños e veciñas dicindo que en tres meses se fixeron as obras cando costou moito conseguir o pago dun proxecto de 475.000 euros que primeiro foi solicitado á Deputación Provincial polo propio voceiro que suscribe sin que desde este organismo se fixera nada ó respecto”. Posteriormente- sinalan- o proxecto foi presentado na Xunta onde “a conselleira Teresa Táboas sempre se mostrou disposta a realizar estas obras, algo que o BNG sempre lle agradecerá”.

O BNG quere aclarar asimesmo que oproxecto foi presentado ós veciños e veciñas da urbanización fai dous anos e comprendía o arranxo de todo o trazado ata chegar ó campo de futbol, aínda que despois houbo que recortar o traxecto por ter que acometer maior construcción de muros de contención co conseguinte encarecemento dos custes da obra. O BNG reconoce que as obras tardaron en comenzarse coincidindo co tempo en que o BNG non estivo no goberno de Mos, pero de ningún xeito se pode dicir que as obras quedaran sin facer ou sin presupostar.

Por esta razón, o BNG insta ó Partido Popular “a que consiga novas subvencións para obras novas e para reformas novas e para infraestructuras novas pero que baixo ningún concepto empregue as obras do BNG para quedar ben ante os veciños ou para facerse a foto que tanto lle gusta, porque os veciños e veciñas de San Eleuterio xa saben dabondo que as obras foron conseguidas polo BNG cando estaba no goberno de Mos e no goberno da Xunta de Galicia, que foi cando por vez primeira a Xunta de Galiza se comprometeu co goberno do concello de Mos”.

“A alcaldesa pretende mentir e enganar unha vez máis, e parécese ó cuco que pon os ovos nos niños dos demáis paxaros”, rematou dicindo o voceiro nacionalista.

Advertisements

11 Responses to “Martínez Ojea asegura o BNG deixou a obra de San Eleuterio ‘encamiñada’”


  1. 1 Tareixa 1 Abril 2009 ás 21:11

    Pongas como te pongas, Ojea, quien negocio con los vecinos para que cedieran sus fincas fue este nuevo gobierno. Si tenias todo resuelto por que no la empezasteis vosotros. Te recuerdo que hace dos años ya perdisteis una suvencion y tuvisteis que volver a solicitarla. En conclusion vuestra gestion fue nula por mucho que os pese.

  2. 2 diogo 2 Abril 2009 ás 10:08

    O certo é que quen consegueu os cartos foi o Bloque. O resto coma sempre a porse medallas que non son súas.

  3. 3 galiza 2 Abril 2009 ás 23:57

    “O BNG reconoce que as obras tardaron en comenzarse coincidindo co tempo en que o BNG non estivo no goberno de Mos, pero de ningún xeito se pode dicir que as obras quedaran sin facer ou sin presupostar.”

    Encantame a actitude do BNG de mos, como mira polos veciños, como non estaba no poder, e non podía colgarse a medalla, pois cancelamos as subvencións existentes, e os veciños que se fastidien. En fin, increible esta actitude por parte do BNG de Mos.

    Además que esas obras levaban prometidas cerca de 6 años, e nadie do BNG ou PSOE viñeron a negociar cos veciños.

    “permitindo que a Xunta construise esta urbanización sin ter uns accesos decentes e co perigo para as persoas que tiñan que desprazarse a pé desde esa urbanización”

    Creo recordar que quen adxudicou as vivendas de San Eleuterio non foron outros que Jose Antonio e Eladio, cando tiñan dous escanos no concello e eran os que decidiron a ubicación.

    Por favor señor Ojeda, vaia vostede a xunto os seus homólogos do Porriño, que saben traballar e mirar polo seu concello, que polas suas declaracions xa se nota que por Mos non mira.

    Saudos,

  4. 4 Non mo podo crer 3 Abril 2009 ás 05:38

    Non me podo creer que alguén queira adxudicarse esa merda de obra. Os únicos beneficiados foron os donos das fincas, os que lle pagaron con muros millonarios, cando indo para abaixo non terian que facer nen a metade de muro e abrirían a curva. Para gastar os cartos así mellor era deixala como estaba. Acera só por un lado, pola cal non pode circular un cadeira de rodas xa que ademais de estreita ten no medio os postes de alumeado. Remata na curva antes de chegar a urbanización ousexa que na curva tiraste a carretera porque xa non ai mais acera, de vergoña. Co ben que quedou Puxeiros!!! porque non se sigue o exemplo das cousas ben feitas.

  5. 5 galiza 3 Abril 2009 ás 11:08

    Nun mes fixeron tanto como o Psoe e o BNG xuntos. Os muros que non son necesarios, iso creelo ti, a xente que lle expropian sen pagarlle nada, que fan? deixanlle a casa aberta? Ou non fan o muro da casa do señor juan, ¿para que se lle caia? Anda non me fagades rir.

    O de puxeiros quedaría moi ben, pero eu miro totalmente desproporcionado, unha rotonda pequena ¿Porque non se fixeron aceras mais pequenas e alargabase a rotonda? Ademais de quitarlle un carril e facer atascos varios en puxeiros… Pero claro puxeiros ten e unha urbe de un millon de habitantes, que fai falla ter aceras de 8 metros, que a xente non colle. Puxeiros non quedou mal, pero podía quedar mellor.

    Por certo que me comentas do atraxa tecnolóxico que ten San Eleuterio, xa que fai un ano que podemos poñer ADSL, e bueno temos sorte temos que pagar o servizo mais caro de teléfonica, un adsl rural, iso e tristisimo que unha urbe de ¿800 habitantes? teñan que usar un servicio adsl rural…

  6. 6 arastro 3 Abril 2009 ás 16:23

    eiqui hai moito listillo so falta o veciño de cela

  7. 7 un de Cela 5 Abril 2009 ás 14:52

    xa estou aqui arastro,non sufras, da obra de s.Eleuterio non opino porque a descoñezco.pero xa lle preguntarei o meu veciño,que de obras e costes economicos sabe moito,que fino e carallo

  8. 8 non mo podo crer 6 Abril 2009 ás 05:16

    Eu flipo! Tes razón iso de humanizar é un atraso para que facer aceras anchas, os peons que lles den o importante son os coches, faltaria mais, o de convivir na rúa é unha tonteria, si está claro que donde esté unha Avda. de Madrid que se quite unha praza de Compostela humanizada. Por certo vou a Puxeiros en só en coche catro veces por semana e inda nunca me topei cunha retención de mais de 1minuto.

  9. 9 diogo 6 Abril 2009 ás 10:20

    As únicas retencións que hai en Puxeiros son as que provoca o semáforo que puxeron a Lidia e máis o Vicente

  10. 10 sabela 8 Abril 2009 ás 23:01

    ¡Que sorte teñen estes que compraron ao tránsfuga! Sácanlle proveito a 5 anos de traballar arreo do goberno anterior … ala a saír na foto que o demais vai sólo. Non tiveron a mesma sorte os do goberno anterior, que recolleron un concello paralizado e atrasado despois de moitos anos de pp,ap,independentes, etc, os mesmos raposos con distintos traxes.

  11. 11 culebra 17 Abril 2009 ás 18:26

    se iso eunha obra rematada baia merda como paso co cariño do neno como se nota oske so andades en coche camilito metelles caña ti como empresario e coñecedor do traballo duro


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: