Inícianse as obras da ludoteca municipal de Mos

ludotecamos

::O Concello de Mos redactará un informe para asegurarse de que a ludoteca de San Rafael non teña deficiencias::

A concelleira de Benestar Social, Ana Rodríguez, supervisou,  acompañada dun técnico municipal, as obras que o Consorcio de Igualdade e Benestar está a acometer no local no que se ubicará a futura ludoteca de San Rafael.

A edil mosense detectou deficiencias nas instalacións, cuio arranxo non está contemplado no proxecto da obra, como o estado dalgunhas ventás que son de ferro e están oxidadas, de xeito que ou xa non abren ou, como están protexidas con barrotes, a posibilidade de apertura é mínima dificultando a ventilación das aulas. Outro inconveniente que Rodríguez lle ve á futura ludoteca é que a entrada principal consiste nunha porta de rexas que deixará pasar o frío ou a calor, dependendo da estación, ó interior das instalacións, “e o peor é que os baños están en fronte desta porta co que os nenos terán que saír das aulas de xogos ó frío para poder usalos”, declarou a concelleira.

Tra-la visita matinal e, vista a situación na que quedará a ludoteca unha vez reformada, Ana Rodríguez informou de que “a aparelladora municipal redactará un informe no que se detallen as deficiencias do centro para reclamar, presentando dito documento no Consorcio, que este acometa tódalas melloras que sexan necesarias para que as instalacións se adapten á perfección ó uso infantil”.

Rodríguez Cabaleiro criticou tamén que “esta obra levaba parada moito tempo, xa que dende xuño do ano pasado que se desaloxou ós usuarios iniciais deste centro para iniciar os traballos de adaptación, a reforma non se empezou e agora, tra-las eleccións autonómicas, adxudicouse á presa e comenzouse facendo as cousas mal”.

Advertisements

6 Responses to “Inícianse as obras da ludoteca municipal de Mos”


  1. 1 diogo 2 Abril 2009 ás 10:05

    A rapaciña esta vai coller un colocón do carallo co cheiro a pintura. Raro que non esté a Lidia

  2. 2 un de Cela 2 Abril 2009 ás 19:01

    Bueno,bueno,nada novo, rematan o que o denostado bipartito escomenzou.logo tan mal non o farian?.
    Outra cousa os funcionarios do concello non teñen mais que facer que organizar cruceiros.que vergoña,coa que esta caindo e dedicanse a contratar un payaso,facer cruceiros,inagurar un parque infantil,que costa mais a inaguracion que o propio parque,facer camiños de 3m,de ancho,que como teña que vir un camión de bombeiros,ou ambulancia non pasan.pero e o que qeremos polo tanto respeto pero non comparto.por certo Nidia meu veciño Gerardo quere unha frugoneta,polo menos como a de CAMILIN.que fino e carallo,non selle escapa unha.

  3. 3 arastro 3 Abril 2009 ás 16:36

    eiqui estan o diogo mailo veciño de cela …so vos falta facer un bipartito vaia dous pes pa un banco

  4. 4 Louro 3 Abril 2009 ás 21:05

    Estou co veciño de Cela. Non pode ser que coste máis a propaganda e a festa que a obra en si. Cantas veces saiu a Nidia na prensa pola inaguración do mesmo Parque, o da Pesqueira? por certo que está en terreos privados, nos da Fundación do Pazo.
    Que eu sepa o señor Cabaleiro xa puxera parques en todas as parroquias e incluso máis de un en algunhas. Eu non lle vin ningunha placa, nin festa, nin inaguración nin si quera na prensa. O mellor este é o seu fallo e a súa virtude que non sabe vender as obras que fixo.
    O paseo do Louro, sendo unha das obras máis valoradas en todo o concello pola calidade de vida que está aportando aos veciños, non ten ningunha placa, nin foi inagurado.

  5. 5 un de Cela 5 Abril 2009 ás 14:45

    arastro e ainda me falta sumar o que cotou o meu veciño,que os de cela baratos non saimos.diogo xa sabes si queres bipartito pasa por caixa ou preguntalle o aratro que diso sabe bastante.

  6. 6 liscran 5 Abril 2009 ás 21:33

    a ver si nos entendemos, a concelleira ana pasou un dia polo concello, un dia que non tiña nada que pintar nos xulgados, e dixeronlle que tiña que ir a mirar unha ludoteca, e ocúrrese dicir que os baños están mal, sabendo que os fixo a deputacion, esta rapaza cobra por non facer nada, increible que tanto o psoe como o bng a deixen tranquila


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: