Caixa Galicia trae ao Porriño a mostra ‘Máis que auga’

augaoporrino

Co obxectivo de poñer en relevo a importancia que a auga ten na nosa contorna, e a súa necesidade para a vida de animais, plantas e seres humanos, a Obra Social de Caixa Galicia achega ao Porriño esta mostra didáctica de carácter medioambiental

 

O acto de presentación contou coa presenza do Alcalde do Porriño, Raúl Francés; e da Xerente Territorial de Caixa Galicia, Gloria Rodríguez López Coincidindo coa presentación tivo lugar a primeira visita guiada da mostra, por parte de alumnado do IES Ribeira do Louro. Ademais de visitar a exposición, as alumnas e alumnos deste instituto porriñés participaron nun obradoiro relacionado coa auga.

Ao longo de 42 fotografías do autor madrileño Ezequiel Martínez repásase a importancia da auga para a vida, e o papel fundamental da cidadanía no seu consumo responsábel e a súa conservación. Acompaña a cada instantánea unha breve reflexión en torno á importancia, ás veces esquecida, deste “líquido elemento”.

As imaxes recollen diferentes exemplos de como a auga protagoniza algunhas das nosas paisaxes ao longo do seu interminable ciclo, desde as altas montañas, e despois río abaixo, até costas e humidais, para evaporarse de novo e formar nubes. Detéñense tamén a reflexionar no seu valor para a conservación da nosa flora e fauna salvaxes, e como a humanidade sérvese dela para o seu consumo. Este consumo supuxo en demasiadas ocasións un abuso. A contaminación da auga ou o seu uso irresponsable deben substituírse por un aproveitamento sostíbel, que non poña en perigo as necesidades das xeracións futuras. Os sinais de alarma do cambio climático, que a humanidade está aprendendo a escoitar, teñen tamén o seu espazo nesta exposición, como expresión dunha aposta común que entre todos e todas gañaremos.

O Alcalde do Porriño, Raúl Francés, quixo dar as grazas a Obra Social Caixa Galicia por pensar no Porriño para expoñer esta ambiciosa mostra medioambiental. “Un dos aspectos máis importantes desta mostra é o seu enfoque cara os entros de ensino. Coas visitas guiadas, as e os escolares do Porriño poderán visitar esta exposición contando cun monitor, participar en obradoiros, e traballar cunhas magníficas unidades didácticas redactadas co obxectivo de
afianzar os coñecementos adquiridos na visita”, afirmou Francés.

Gloria Rodríguez destacou o compromiso da Obra Social Caixa Galicia coa defensa do medio ambiente. “Máis que auga pretende educar na necesidade dun desenvolvemento sotible, na reflexión sobre un ben escaso como é a auga”, afirmou a xerente da entidade. Pola súa banda, Damián Noia, monitor da exposición, saliantou a relación do Porriño coa auga. “O Porriño é un municipio con gran relación coa auga, xa que conta cunha das principais zonas húmidas de Galiza, as Ribeiras do Louro e as Gándaras de Budiño”, comentou o monitor da empresa Terranova.

A exposición permanecerá aberta até o 28 de abril, en horario de 9:00 a 21:00 horas de luns a venres. As visitas guiadas realizaranse do 15 ao 24 de abril, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Para máis información ou para concretar unha visita guiada pódese chamar para o 981 188 340, ou consultar a páxina web da Obra Social Caixa Galicia www.obrasocialcaixagalicia.org

Advertisements

0 Responses to “Caixa Galicia trae ao Porriño a mostra ‘Máis que auga’”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: