Rematou o programa Fogares Verdes no Porriño

fogares-verdes

Vintecinco familias do municipio participaron desta experiencia de aforro enerxético e de auga, desde que alá polo mes de outubro, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e o Concello do Porriño puxeran a andar este programa de educación ambiental, dirixido aos fogares coa finalidade de concienciar e informar acerca dun consumo responsable.

Realizáronse tres charlas-obradoiro nas que se abordaron temas como a calefacción, a auga quente, a iluminación, o consumo en espera, etc. Ao longo destos meses, as persoas participantes recibiron diverso material de apoio didáctico, manuais de boas prácticas e fichas de consellos de aforro; así como un pequeno kit de aforro formado por unha lámpada de baixo consumo, un economizador de auga para a billa e un redutor de caudal para a ducha.

A grande implicación e interese das persoas participantes, levou as educadoras ambientais a ter que facer un cuarto encontro non previsto inicialmente. Os resultados finais foron moi positivos. Na maioría dos casos as familias aseguraron ter adoptado hábitos de consumo máis responsábeis nos seus fogares. Unha enquisa realiza ao remate do programa puxo de manifesto diferentes aspectos. Así, ás familias participantes pareceulles doado aforrar auga ou sustituir as lámpadas incandescentes polas de baixo consumo, mais resúltalles costoso aforrar enerxía eliminando os aparellos en stanby, por exemplo.

 

A concelleira de Medio Ambiente, Miriam Martínez Troncoso, afirmou que  “Con esta acción formativa quixemos involucrar á cidadanía no fomento dun consumo enerxético responsábel nos fogares. Desde o Goberno do BNG seguimos a traballar no campo da educación ambiental, poñendo en marcha un ambicioso programa de cursos nas parroquias; ou con proxectos como este de Fogares Verdes ou o de Compostaxe Caseira, de aproveitamento da materia orgánica xerada con residuos domésticos, tamén en colaboración con ADEGA”

Advertisements

0 Responses to “Rematou o programa Fogares Verdes no Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: