O Concello do Porriño adheriuse ao Programa Diurno de Balnearios da Deputación

balneario-de-mondariz1

:: O prazo límite para presentar solicitudes remata o vindeiro 21 de abril ::

Grazas a esta colaboración entre Concello e Deputación, os usuarios e usuarias do programa desfrutaran de cinco visitas a un balneario da provincia por un prezo moi reducido. Os interesados e interesadas en participar nesta actividade deben dirixirse ao  Centro Sociocomunitario (antigo Centro Social)  ou ao Departamento de Servizos Sociais,  sito no terceiro andar das dependencias do Concello do Porriño, para inscribírense ( até o 21 de abril).

Poderán acceder ao programa todas as persoas que cumpran algún dos seguintes  requisitos: ser maiores de 50 anos, ser pensionista, ou contar con un informe da Traballadora Social do Concello no que se estime convinte a súa participación, entendéndose como unha situación de respiro familiar.

Os beneficiarios deste programa poderán pasar cinco mañáns ou cinco tardes seguidas (de Luns a Venres), nun balneario da provincia pertencente á Federación Galega de Balnearios, ou no talaso de Baiona. Para o desenvolvemento desta actividade establécense dúas campañas, unha de Primavera (Marzo, Abril, Maio e Xuño), e outra posterior de Outono (Setembro, Outubro e Novembro). O prezo fixado inclúe o desprazamento desde O Porriño até o balneario.

No caso da campaña de outono, o prazo de inscricíon será do 2 ao 20 de Xuño.Os  prezos fixados para esta actividade na campaña de primavera son os seguintes (inclúen o uso das instalacións dos balnearios durante cinco días e todos os desprazamentos): – Balneario de Cuntis: 25 € – Balneario de Mondariz: 29,30 € – Balneario da Toxa: 25 € – Talaso Atlántico de Baiona: 6 €

A concelleira de Benestar Social, Miriam Martínez Troncoso, afirmou que “grazas a estacolaboración, os e as maiores do Porriño poderán desfrutar do acceso a servizos que melloran a súa saúde e benestar”

Advertisements

0 Responses to “O Concello do Porriño adheriuse ao Programa Diurno de Balnearios da Deputación”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: