Mos xa ten ordenanza reguladora da taxa da auga

plenomosauga

:: Aprobouse no pleno ordinario mensual e supón o paso previo para poder por en marcha o servicio municipal de abastecemento de augas ::

Ademais do recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 488.000 euros, outro dos temas capitais abordados  no pleno da Corporación Municipal mosense foi a ordenanza reguladora da taxa para o suministro e abastecemento municipais de auga potable, que resultou tamén aprobada durante a sesión plenaria. A aprobación desta ordenanza constitúe o paso previo para que o Concello poida empezar a dar o servicio de abastecemento de auga municipal. Segundo a concelleira de Patrimonio, Sanidade e Medio Ambiente, Ana Rodríguez, “xa se está a negociar coas comunidades de augas municipais como é o caso de Puxeiros, onde nos cederon a rede de augas”.

Rodríguez Cabaleiro declarou ademais tra-lo pleno que “para este goberno era algo prioritario dotar ós veciños de Mos de servicio municipal de auga e, principalmente, considerabamos urxentísimo facelo nas zonas urbanas, xa que nelas existía un grave problema á hora de conceder licencias urbanísticas por este motivo”. E é que o abastecemento de auga potable era un dos servicios máis demandados polos habitantes do municipio. Próximamente o Concello comenzará a dar servicio nalgunhas destas zonas urbanas, coma San Atoíño e Puxeiros.

Tarifa

A tarifa da auga clasificarase segundo o seu uso. Haberá unha tarifa para uso doméstico e outra para uso industrial e comercial. Segundo informou a edil responsable, “ambas calculáronse tendo en conta as taxas doutros concellos limítrofes e podemos dicir que a de Mos lles sae ós usuarios bastante máis económica que as desas localidades veciñas”.

A tarifa para o primeiro tramo de uso doméstico será de 0,28 euros por metro cúbico e para o mesmo tramo de uso industrial ascenderá a 0,63 euros o metro cúbico. “Trátase dunha tarifa progresiva e por escalas que, para as zonas que nestes momentos están a ser suministradas por Aqualia, lles sairá incluso máis barata do que agora están pagando”, engadiu Ana Rodríguez Cabaleiro.

Advertisements

1 Response to “Mos xa ten ordenanza reguladora da taxa da auga”


  1. 1 culebra 17 Abril 2009 ás 18:30

    lidia cando a tasa de cubatas e fariña ke diso sike sabes


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: