Vizcaya fala de “éxito” dos talleres de prevención de Salceda

monicavizcaya

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia e La Caixa en colaboración coa Concellería de Benestar Social do Concello de Salceda de Caselas, dirixida por Mónica Vizcaya están levando a cabo dende o 2007 os Talleres de prevención da Dependencia, dirixidos a persoas maiores, que se están desenvolvendo no Centro de Igualdade e Benestar do Concello de O Porriño.

Nesta cuarta edición do programa denominado “O Reto da Autonomía” participaron 16 persoas de Salceda que fan un total de 68 usuarios deste programa dende o seu comezo. As persoas anotadas organizanse en grupos de 8 persoas en dous turnos (mañá e tarde) para ser traladados dende os seus domicilios ata o Concello veciño.

Os talleres van dirixidos a persoas maiores “fráxiles” que son autómonas, ousexa non dependentes, admitíndose a persoas con principios de alzheimer ou párkinson, sempre en fases iniciais, nas cales ainda non perderon as súas capacidades. Os obxectivos son optimizar as habilidades existentes, favorecer a autonomía persoal e contribuír a manter a rede de relacións persoais.

As persoas interesadas nos próximos ciclos deberán poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Salceda de Caselas para a súa inscrición.

A Concelleira de Benestar Social, Mónica Vizcaya manifestou que a vontade do Concello é potenciar e favorecer a autonomía persoal das persoas maiores para que se sintan útiles e por iso se está a colaborar neste tipo de programas que son de grande utilidade e moi beneficiosos para a estimulación e mellorar a súa calidade de vida.

Advertisements

0 Responses to “Vizcaya fala de “éxito” dos talleres de prevención de Salceda”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: