Día Mundial do Teatro no Porriño

teatroporrino

:: Desde a Escola Municipal de Teatro, xestionada por Xerpo Cultural, trabállase estos días na preparación do  Día Mundial do Teatro (27 de Marzo)::

 Co gallo desta celebración, o alunado da escola tomará as rúas da vila na tarde do venres 27 de marzo para facer gozar á veciñanza do Porriño con pasarrúas, circo, esceas teatrais e muitas sorpresas máis. O obxectivo deste espectáculo de animación de rúa, é convocar ás veciñas e veciños do Porriño ao acto central que a Escola vai realizar no auditorio do Centro Cultural Municipal a partires das 20:00 horas .

 Neste acto, o alunado da Escola Municipal de Teatro anticipará ás veciñas e veciños asistentes un resumo das distintas montaxes nas que está a traballar cara a representación de fin de curso; ademáis de dar lectura á mensaxe do Día Internacional do Teatro 2009.

A concelleira de Mocidade, Miriam Martínez Troncoso, amosou a súa satisfacción ante a boa marcha da Escola. 

“A Escola Municipal de Teatro é un proxecto que pouco a pouco imos consolidando. Este curso triplicamos o número de alunas e alunos respecto ao ano anterior, e mesmo unha montaxe da Escola foi premiada nun certame teatral. Desde o Goberno do BNG pretendemos pular pola cultura desde a base, axudando a que a mocidade do Porriño teña oportunidade de iniciarse nun campo como o das artes escénicas sen ter que desprazarse fora do noso municipio” , afirmou a concelleira

Técnicas artísticas aplicadas á escena

 

Dentro das actividades específicas organizadas desde a Escola Municipal de Teatro do Porriño ao longo do ano, os días  28 e 29 de Marzo terá lugar o obradoiro monográfico.

As artes plásticas aplicadas á escena;  a cargo do artista e estilista porriñés afincado en Barcelona, onde traballa como director artístico de moda, Jorge Bolado Moo. As persoas interesadas en participar neste obradoiro, que se  desenvolverá no local da Escola na rúa Fernández Areal nº30, Baixo, en horario de 17:00 a 21:00 horas o sábado e de 10:00 a 14:00 o domingo; poden formalizar a súa inscrición na oficina da OMIX, no Centro Cultural Municipal, ou ben chamar para o 655 519 413.

Advertisements

0 Responses to “Día Mundial do Teatro no Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: