Gabino, Fel e Vavá Pexegueiro foron homenaxeados na Cena anual do Porriño Industrial F.C.

7porrino-industrial-hernandez 

 Preto de 300 persoas participaron na Cena anual do Porriño Industrial F.C. na que este ano foron homenaxeados tres futbolistas históricos do municipio: Gabino, Fel e Vavá Pexegueiro.

Este recoñecemento chégalles non só polos seus logros deportivos, senón tamén polo labor realizado no fútbol base porriñés unha vez abandonada a súa carreira futbolística. Os irmáns Pexegueiro comezaron neste deporte de nenos, dándolle patadas a un balón feito con medias de muller, no caso de Vavá, ou en festas de barrio no caso dos seus irmáns; pero pronto a súa técnica e a súa forza física, dúas características que definen aos Pexegueiro, foi recoñecida polo equipo do pobo, o Porriño Industrial, ao que se incorporaron de moi mozos, aínda que en diferentes etapas.

1porrino-industrial-hernandez

O momento máis emocionante da noite chegou cando o Vicepresidente do Real Club Celta de Vigo, acompañado polo exxogador celeste “Vlado” Gudelj, agasallaron a Vavá, cuxa carreira deportiva está vinculada ao Celta, cunha camiseta do clube asinada polos xogadores e co seu nome impreso. O clube vigués tamén se acordou de Gabino e Fel, que recibiron senllos presentes. Da mesma maneira, a Agrupación de Veteranos do Celta, representados polo porriñés Toni Rodríguez e Waldo, recoñeceu a traxectoria dos irmáns, do mesmo xeito que a Federación de Árbitros de Vigo e o equipo de fútbol sala Martín Codax.

O presidente do Porriño Industrial F.C., Ramón Bastos, pechou a gala,  agradecendo a presencia dos asistentes e convidándoos a participar nos vindeiros anos na iniciativa do encontro anual na que se reúnen directivos, futbolistas, adestradores, afeccionados e personalidades do mundo do deporte, unidos por unha paixón común: o fútbol en xeral e o Porriño Industrial en particular.

 

 

 

 

Advertisements

2 Responses to “Gabino, Fel e Vavá Pexegueiro foron homenaxeados na Cena anual do Porriño Industrial F.C.”


  1. 1 Antúnez 23 Marzo 2009 ás 17:14

    Muy bien chicos de la Peneira. Ya me habían dicho que erais muy buenos presentando, pero este fin de semana he podido comprobarlo en persona.

    Me ha encantado la hija de Carlos Díaz, además de guapa, dulce y encantadora.

  2. 2 cunpigo 25 Marzo 2009 ás 16:02

    a cea estivo algo pesada aquilo parecia unha voda pero a entrega dos premios estivo xenial, vaia par de presentadores, olo olo e ole para os dous iso si son dous profesionais, a miña noraboa


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: