Salceda recupera o Concello “vello” como Casa da Cultura

concellovello 

O “vello” Concello de Salceda de Caselas, que data do 1917, estáse transformando nunha moderna e funcional Casa da Cultura intentando conservar os valores históricos da construcción. Un edificio histórico no centro da vila, que según os expertos, ten influencias do valorado “neo-barroco galego” de principios do seculo XX.

Nas fotos antigas do centro urbán podesese observar este edificio, xa caleado dende os seus inicios, xa que é unha característica inconfundible deste estilo de arquitectura, do que hai innumerables exemplos tanto en igrexas como en edificios en Galicia e no norte de Portugal. A proposta dos arquitectos encargados da rehabilitación do citado edificio foi tida en conta polo goberno municipal co bxetivode manter o espitiru orixinal da obra e dos seus creadores.

Os traballos de recuperación comezaron en 2007 a través dun obradoiro de emprego que durou un ano. Os compoñentes deste obradoiro foron os artifices das obras que hoxe están realizadas. O orzamento destinado polo concello para esta obra a través deste obradoiro ascendeu a uns 300.000 €.

Dende a Concellaría de Cultura, Teresa Pérez informa que se espera que o remate das obras, que o obradoiro non tivo tempo de finalizar, estén listas antes do vran. “Parece que queda moito, pero hai traballo de carpintería adiantado pendente da súa colocación.”

Coa inversión destinada no Fondo Estatal de Inversión Local, que ascende a uns 90.000 €, vanse rematar os traballos pendentes de execución, como a colocación da carpintería e o cambio do tellado.

A nova Casa da Cultura de Salceda contará cunha biblioteca con aula de lectura, unha sala polivalente para exposicións e similares, un espazo para o arquivo histórico, a nova oficina da Oficina Municipal de Información Xuvenil e unha aula de informática. En definitiva, unha nova Casa da Cultura en pleno centro urbán que vai dar servizo a tódolo/as veciños/as de Salceda.

Marcos Besada resaltou que esta é unha obra fundamental para o novo goberno de Salceda, xa que ademáis de recuperar un edificio emblemático, resolvese un deficit que sempre tivo este pobo, como é unha Casa da Cultura no casco urbán. “Ademáis este novo servizo vaise complementar perfectamente coa humanización do seu entorno (rúa dr. Zunzunegui) o que na practica supón a ampliación da praza do Concello.

 

Advertisements

0 Responses to “Salceda recupera o Concello “vello” como Casa da Cultura”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: