Presentouse o programa de cursos, talleres e obradoiros de educación ambiental do Porriño

 educacionambiental0028

 Ao acto de presentación, que contou coa presenza da concelleira de Medio Ambiente, Miriam Martínez Troncoso; acudiron representantes das distintas asociacións parroquiais do municipio onde se van levar a cabo os cursos.

 

 

 

“Desde a concellaría de Medio Ambiente vimos facendo unha forte aposta pola educación ambiental. A grande novidade deste programa é que por primeira vez un número tan variado de cursos van chegar a todas as parroquias do municipio”,  afirmou a concelleira.

Entre os meses de marzo e xuño, celebraranse no Porriño cursos de viticultura en Cans, Torneiros e Mosende; un curso sobre consumo responsábel no Centro Cultural Municipal; un de conservas ecolóxicas en Chenlo e no Cerquido; un sobre aproveitamento ecolóxico de cogomelos no monte galego en Budiño; un de elaboración de pan ecolóxico en Carracido; e un curso de boas prácticas agrícolas en Pontellas e Atios Desde a concellaría de Medio Ambiente preténdese con esta programación, que as persoas do municipio comecen a integrar nos seus actos cotiáns a compoñente ambiental, achegándose a un mellor coñecemento do medio.

Todas as persoas adultas interesadas en participar nos cursos, así como en recibir máis información sobre os mesmos, poden dirixirse á concellaría de Medio Ambiente, sita na Casa do Concello, ou ben chamar para o 986 335 000. Editáronse folletos con información detallada do programa: temáticas, prazas ofertadas, horarios e prazos para formalizar a inscrición. Existen prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición.

 

 

 

Miriam Martínez Troncoso quixo agradecer ás asociacións veciñais, culturais, anpas e persoas participantes a súa colaboración no desenvolvemento deste ambicioso programa de educación ambiental.

 

 Iniciación á viticultura

O programa de Educación Ambiental do Porriño iniciouse este mes coa celebración dun curso de 

Iniciación á viticultura  simultaneamente nos locais de asociación veciñais de Cans e Torneiros. Por volta de 60 persoas participaron neste curso formativo organizado polo concello porriñés en colaboración coa Asociación de Viticultores Val da Louriña.

 

 

 

Os vindeiros cursos programados son:  Aproveitamento ecolóxico de cogomelos no montegalego, que dará comezo no local da Asociación Cultural A Forna de Budiño o 18 de abril (inscrición até o 15 de abril);  Con(sumo) coidado. Redución do consumo, no Centro Cultural Municipal a partires do 21 de abril (inscrición até o 17 de abril); e  Boas prácticas agrícolas , que comezará no CEIP de Atios tamén o 21 de abril (inscrición até o 17 de abril).

Tratáronse diversos aspectos do mundo da viticultura; como os sistemas de plantación e o fertilizado das vides, ou os enxertos e os diferentes tipos de poda. Rematouse cunha práctica de poda.

 

 

 

 

Advertisements

0 Responses to “Presentouse o programa de cursos, talleres e obradoiros de educación ambiental do Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: