O Concello de Mos soluciona os problemas de abastecemento en San Antoíño

:: A acometida do sistema de traída de augas desbloquea a paralización de licencias na zona::

O Concello de Mos adxudicou fai uns días, concretamente o 4 de marzo, a obra deinstalación do abastecemento de agua na urbanización de San Antoíño. O prazo para a acometida dos traballos, que conta cun orzamento de 122.604,53 euros, é dun mes.

Con este feito continúa a consolidarse o obxectivo do goberno municipal de Arévalo de dotar a tódalas zonas urbanas da localidade de abastecemento de auga nun tempo récord. “Algo fundamental para Mos”, declararon a Alcaldesa e a concelleira de Urbanismo, Sandra Temes, “xa que a ausencia de traída de augas era a principal causa de denegación de licencias de construcción no Concello;  e foi un tema que a anterior rexedora local, María Jesús Escudero, mantivo paralizado durante dous anos”. “Agora coa instalación do abastecemento en San Atoíño iníciase o desboqueo da non concesión de licencias que houbo no municipio ata o de agora”, insistiu Temes.

En tres meses de xestión do novo goberno municipal logrouse desbloquear un dos principais problemas do municipio, que é a deficiencia do abastecemento e a conseguinte paralización de licencias. E é que ata a data existían un importante número de licencias para construír en San Antoíno paralizadas e 200 vivendas afectadas pola inexistencia de sistema de abastecemento no barrio.

Ademais, segundo informou a edil responsable de Urbanismo, “a de San Antoíño era unha comunidade de veciños que dependía dunha traída de augas privada mediante un sistema de pozos que acarreaba cortes no suministro de auga durante a tempada estival”. “As restriccións no verán producíanse debido a que os depósitos de auga existentes non eran suficientes, xa que o número de vivendas superaba con creces a capacidade de ditos depósitos”, explicou Sandra Temes.

Este problema comenza a mirar a luz gracias a instalación que se vai realizar inminentemente na urbanización de San Antoíño e que se fará extensible ás zonas de Sanguiñeda, Puxeiros e San Rafael.

Advertisements

1 Response to “O Concello de Mos soluciona os problemas de abastecemento en San Antoíño”


  1. 1 diogo 23 Marzo 2009 ás 07:47

    Pero o do abastecemento de auga a San Antoiño non se incluira nos orzamentos municipais gracias a unha exixencia do BNG? Estes do PP son coma o cuco, carallo


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: