O Concello de Mos pon en marcha un Plan de Parques

nidiaparques

:: A Alcaldesa visitou as instalacións da Pesqueira, unha das primeiras actuacións incluídas nesta iniciativa municipal::

A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou esta tarde as recén rematadas instalacións do novo parque da Pesqueira, na Gándara. Dita actuación supón a primeira, xunto coa recentemente realizada en Amieirolongo, dun Plan de Parques que o Concello está a levar a cabo. Este plan contempla a realización de, alomenos, unha actuación en zonas verdes e de ocio de cada unha das parroquias mosenses.

Arévalo considera este tipo de melloras “fundamentais, xa que supoñen un incremento e optimización do capital humano do municipio”, e así o manifestou durante a súa visita desta tarde ó parque da Pesqueira. A rexedora local considera estas obras “unha inversión nas persoas e un xeito de incidir directamente en beneficios para a súa calidade de vida” segundo declarou.

Asimesmo, a Alcaldesa mosense quixo agradecerlle tamén á Fundación Pazo de Mos a cesión do terreo no que agora se atopa o parque da Pesqueira ó Concello para poder ubicar nel as novas instalacións que alí se topan.

E para rematar a súa visita, Nidia Arévalo informou ós nenos e nenas que  estrearon o parque, de que o vindeiro día 29 de Marzo, domingo, celebrarase a inauguración oficial deste espacio de ocio infantil na Gándara coa instalación de xogos hinchables e a actuación do paiaso Popín.

Advertisements

7 Responses to “O Concello de Mos pon en marcha un Plan de Parques”


  1. 1 diogo 23 Marzo 2009 ás 07:51

    Si Nidia si, agora que xa hai un parque en cada parroquia ves ti co Plan de Parques. A ver se facedes algo novo. Por certo, o payaso Popín… non hai outro?

  2. 2 Pedro 25 Marzo 2009 ás 16:30

    Este Goberno, xa podia empezar a traballar, todo o que está a sair nos retratos coa a Iléxitima, xa estaba aprobado co antigo Goberno

  3. 3 louro 25 Marzo 2009 ás 22:10

    Nidia ,que non te enteras, que xa hai parques en todas as parroquias, que xa o fixeron os outros, é estes que andas a vender ti xa os tiñan en marcha o anterior goberno. Mentideira. si queres facer mais parque fainos pero non andes a enganar a xente. Que eu sepa Cabaleiro non inagurou ningún parque, nin siquera o paseo do Louro, e ti saes tres veces na prensa vendendo o mesmo parque e vas facer unah inaguracion con festa rachada, que vamos pagar todos. Si vas facer unha festa por cada cousiña que fagas non vai haber presuposto que chegue.

  4. 4 POPEYE 27 Marzo 2009 ás 09:10

    ¡Atención a todos!

    Xa están na súa salsa, xa confunden Concello con partido.
    Digo isto, porque agora os do Partido Popular, viaxan a bordo dos vehículos municipales, e non me refiro os concelleiros, senón a Camilito, ó pintor, etc.

    Outra cousa ¿Gastaron 60000 euros no payaso POPIN?

    Outra cousa mais ¿O muro que hai enriba do río Louro, enfrente do paseo, e da concelleira de urbanismo?

    A ver si alguén sabe algo disto.

  5. 5 arastro 27 Marzo 2009 ás 23:18

    camilo presidente!!!!!!!!!!!!!!

  6. 6 un de Cela 2 Abril 2009 ás 18:39

    si señor e gerardo tesoreiro.que de cartos sabe moito.que fino e carallo

  7. 7 culebra 17 Abril 2009 ás 18:41

    nidia sekeres sair con rapaces na foto deixa ir osteus a riba se sabes ken e o pai ka noite te confunde ou fala con camilito ou lito ke aljo seica oubo


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: