O BNG de Mos denuncia os verquidos de residuos da depuradora

verquidosmos

Dende o grupo nacionalista do Concello de Mos informan de que “nestes momentos, estamos fondamente preocupados pola deixadez e falla de ideas que o goberno ilexítimo de Mos está a sufrir, entre outras, na concellería de Medio Ambiente. Estanse limitando a continuar o traballo desenvolvido polo anterior goberno, o que demostra o acerto do traballo que estaba a facer o BNG, sendo un claro exponente, a campaña de compostaxe caseiro”. O portavoz do BNG mosense,  Miguel Anxo Aldea Moscoso, di que “a concelleira de Medio Ambiente non deu sinais de vida despois de catro meses a pesares de estar cobrando salario do concello e o medio ambiente sigue esquencido”

Moscos asegura que “Ana Cabaleiro e o Partido Popular non teñen a máis mínima sensibilidade polo cuidado do medio natural. Pero o máis preocupante, é que este goberno actual está facendo deixación no mantenemento da depuradora, e por riba, os residuos que retiran, os depositan en leiras de veciños e veciñas, algo moi grave e que trae como consecuencia que restos de plásticos, e inmundicias varias, estean neste momento polo río abaixo, sin poder controlar os restos de materias contaminantes que poidan existir salpicadas polas fincas”. Dende o BNG pregúntanse, “¿onde está a concelleira de Medio Ambiente?, ¿para que cobra a adicación exclusiva?, se o seu traballo non é capaz de compaxinalo co labor municipal, ten que dimitir e devolver o que ten cobrado de todos os veciños e veciñas de Mos”.

O BNG pide que se actúe na política medioambiental e pide á alcaldía que poña outra persoa no seu lugar, que a cambie de tarefas porque “é un custo importante para o concello de Mos que esta persoa que ten salario de todos non teña siquera un mínimo control dos verquidos que se realizan desde o propio concello”. “Hoxe en día existen empresas especialidadas en recollidas de residuos e homologadas pola Xunta para o depósito destos verquidos en lugares controlados. Mentras os particulares teñen que pedir permiso para cortar unha árbore para leña ou para vendela, a administración de Mos verte residuos dunha depuradora sin ningún tipo de control”, sinalan.

Advertisements

1 Response to “O BNG de Mos denuncia os verquidos de residuos da depuradora”


  1. 1 diogo 18 Marzo 2009 ás 07:35

    Eu que pensaba que a Nidia ía mudar as vellas actitudes do PP… pois nada, todo igual. Outra vez a merda de Torroso nas leiras dos veciños.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: