O PP do Porriño esíxelle ao Concello o arranxo inmediato dunha rúa no barrio de Outeiro

barrio-de-outeiro-002 

O Partido Popular de O Porriño denuncia o mal estado dunha rúa no barrio de Outeiro, na parroquia de Pontellas, e esíxelle ao Concello que solucione o problema de inmediato. Trátase dun buraco no centro da estrada, a consecuencia das obras de saneamento, “que leva xa dúas semanas no mesmo estado sen que o goberno local tome partida e o arranxe”, explica o voceiro popular Manuel Carrera.

Dende o PP alertan do perigo que isto supón para os centos de vehículos que por alí pasan a diario, “posto que se atopa nunha curva que para esquivalo deben invadir necesariamente o carril contrario, co risco engadido de que nese momento pase algún viandante”, sinala Carrera.

Por todo isto, o Partido Popular reclama ó goberno do BNG que sexa “máis responsable dos seus actos” e solucione de inmediato este problema, que afecta e pon en perigo a integridade dos veciños que transitan por dita rúa. Carrera subliña que “nos atopamos, unha vez máis, ante unha nova mostra do abandono e a arrogancia co que o Concello trata ós porriñeses”.

 

 

 

Advertisements

1 Response to “O PP do Porriño esíxelle ao Concello o arranxo inmediato dunha rúa no barrio de Outeiro”


  1. 1 Ramón 17 Marzo 2009 ás 17:03

    Este Víctor do Torrón non para de quitar fotos á casa do Marcos. Imos ter que tomarlle fotos á súa.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: