Alumnas do colexio de Sanguiñeda crean unha cuña de radio sobre Mos

cunaradio

 :: A concelleira de Educación, Julia Loureiro, presenciou o proceso de grabación da publicidade radiofónica municipal ::

Cinco alumnas do colexio de educación infantil e primaria da parroquia mosense de Sanguiñeda, Mestre Valverde Mayo, foron as encargadas de redactar e grabar unha cuña publicitaria para radio que promocionará ó Concello en diversas emisoras de ámbito local, autonómico e incluso nacional.

As estudiantes, todas expertas na comunicación radiofónica debido á vinculación que este centro ten coa radio, contando incluso cun estudio propio dende o que emiten o seu programa durante os recreos de luns a venres; acudiron esta mañán ós estudios centrais de Sí Radio en Ponteareas, acompañadas pola súa directora, María Luisa García Moreno, e a edil de Educación, Julia Loureiro, para grabar dita publicidade municipal en formato profesional. As rapazas contaron coa axuda e o asesoramento do técnico Jacobo Areal, quen lles ensinou como facer unha montaxe radiofónica en formato dixital, xa que elas traballan habitualmente na radio con medios analóxicos.

Loureiro declarou, tra-la experiencia desta mañán, que “iniciativas coma esta complementan moi positivamente a formación dos rapaces e lles abren os ollos ante os diferentes campos profesionais ós que poderán acceder nun futuro”.

Ademais a concelleira considera que “facendo ós nenos partícipes de temas institucionais, como pode ser a publicidade do Concello, coñecen máis en profundidade o seu municipio ó tempo que enriquecen a identidade do mesmo ó aportar a imaxe dun Mos visto dende os ollos dos seus habitantes máis cativos”.

Advertisements

2 Responses to “Alumnas do colexio de Sanguiñeda crean unha cuña de radio sobre Mos”


  1. 1 un de Cela 2 Abril 2009 ás 18:45

    quen e o peludo da esquerda?.non sera o figura de gabino porto,periodista?,de investigacion que sabe todo o que pasa en mos e logogo o publica no periodico do pp.(FARO DE VIGO).

  2. 2 arastro 3 Abril 2009 ás 16:27

    home si me dices un periodico de i.u tamen o podemos publicar ahi fino do carallo


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: