Reúnese con urxencia a Comisión de Seguemento da nova autovía Vigo-Porriño

nidiafomento

:: A urxencia da xuntazan débese, segundo o Concello, “á intención de Fomento de aprobar o proxecto sen contemplar as alegacións dos mosenses” ::

Celebrouse no salón de actos do Concello de Mos unha reunión da Comisión de Seguemento da nova autovía Vigo-Porriño, convocada con urxencia debido ós datos que se publicaron onte no B.O.E. (Boletín Oficial do Estado) e dos que se fixeron hoxe eco os medios de comunicación, nos que se fai pública a inminente acometida do proxecto no que non se contemplan as alegacións dos mosenses.

Na Comisión de Seguemento estiveron presentes a Alcaldesa, Nidia Arévalo, a concelleira de Patrimonio, Ana Rodríguez Cabaleiro, o voceiro do BNG de Mos, José Manuel Martínez Ojea, e representantes da Plataforma DefendeMos. Antes de escomezar a xuntanza da Comisión, a senadora do PP, Dolores Pan, reuniuse con todos eles para informalos dos seus coñenementos sobre este tema e para ofrecerse a realizar unha serie de preguntas sobre o mesmo no Senado.

Tra-la reunión, a rexedora local declarou en representación de tódolos membros da Comisión de Seguemento que “nos parece unha vergoña o que está a facer o Ministerio de Fomento, xa que dá a casualidade de que, prevendo que estivese preparado o proxecto informativo en Outubro de 2007 e con todo o retraso que levaba, resulta que o presentan xusto agora, de repente, cando se produce un cambio de goberno na Xunta”. “É unha actitude digna da Mafia”, sentenciou unha das representantes da Plataforma DefendeMos na reunión desta mañán. E é que, tal e como afirmou Nidia Arévalo, “segimos esperando a que Fomento escoite ó Concello de Mos, o que están a facer é ningunearnos”.

A Comisión de Seguemento prevé acudir o vindeiro mes de Maio á Xunta para negociar co novo goberno autonómico do Partido Popular “o que non puidemos falar co anterior”, segundo dixeron hoxe. Coma membro do PP, Nidia Arévalo asegurou que o seu partido en xeral e o novo presidente, Alberto Núñez Feijoo, en particular, “están en contra desta nova infraestructura”. A Alcaldesa considera, neste senso, que o que debería de facer o Ministerio de Fomento é “respectar ó novo goberno da Xunta”.

En canto á visita de Dolores Pan ó Concello de Mos, a senadora acudiu para informar á Comisión de Seguemento da nova autovía Vigo-Porriño de que hoxe recibiu por correo a resposta a unha moción presentada por ela no Senado o día 12 de Xuño de 2008, que “debería de haber sido respostada nun plazo máximo dun mes e sen embargo ven con data do 17 de Febreiro de 2009”; e na que o Ministerio lle indica que non se contemplou nin estudiou a posibilidade de eliminar a peaxe da AP-9 como alternativa á nova autovía e que resultou aprobada a alternativa que contempla a modificación do trazado da vía no alto de Puxeiros, cando en teoría a nova autovía nin sequera pasaría por ahí.

Pan comprometeuse tamén cos membros da Comisión de Seguemento a presentar o vindeiro luns no Senado unha serie de preguntas sobre que alternativa se aprobou e en que data, cal e o seu trazado, se se tiveron en conta as alegacións de veciños e Concello e cales delas foron tidas en conta, se existe algún tipo de compromiso do Ministerio de Fomento co Concello de Mos e se o hai por quen foi asinado, que prazos de inicio e finalización das obras da nova autovía hai, cal é o orzamento total que se destinará a este fin e cal sería o custe da eliminación do tramo de peaxe da AP-9 como alternativa a dita autovía Vigo-Porriño.

A conclusión á que chegou a Comisión de Seguemento tra-la reunión extraoficial foi a de deixar clara a súa postura de oposición ante a nova autovia porque “non queremos que se leve a cabo, non permitiremos que se constrúa e chegaremos ata o final para logralo; se fai falla porémonos diante das máquinas para impedirlles traballar”, aseguraron.

Respecto da variante Os Valos-Peinador da A-57, Arévalo informou que “dende hoxe os técnicos municipais teñen toda a documentación nas súas mans para comprobar en que medida lle afecta ó Concello de Mos, e máis adiante convocaremos a todos aqueles que poidan resultar afectados”. A Alcaldesa asegurou tamén que “sen o enlace da A-57 co polígono da Arrufana o Concello non permitirá que se constrúa dita variante, xa que doutro xeito dito parque empresarial non tería como canalizar o tráfico pesado que de seguro vai xerar”.

Nidia Arévalo concluiu as súas declaracións lembrando que “dende Xaneiro de 2009, data na que se reanudou a Comisión de Seguemento da nova autovía Vigo-Porriño, o PSOE mosense non forma parte dela”. Unha realidade que indigna ós representantes da Plataforma DefendeMos que consideran que “a Comisión debería estar integrada por tres partidos políticos: PP, BNG e PSOE; e non tan só polos populares e os nacionalistas como está a ocorrer”.

Advertisements

3 Responses to “Reúnese con urxencia a Comisión de Seguemento da nova autovía Vigo-Porriño”


  1. 1 diogo 16 Marzo 2009 ás 07:58

    y todo sigue igual…. la li la la ….

  2. 2 ECUMENICO 16 Marzo 2009 ás 18:17

    E que carallo pinta Ollea con esa pandilla de fachas.
    A súa esquerda a filla dun ex-alcalde difunto de Mos, defrente un tránsfuga, unha abogada pola UNED, Gervasio, etc, a súa dereita unha extrema dereita, tamén a dereita a súa “compañeira” cando estaban os dous na oposición en Mos.
    Eu que sei.

    ¡NAO ME FODAS, OLLEA!

  3. 3 Mos 19 Marzo 2009 ás 11:57

    1. Li li la la: coma sempre un nivelón.

    2. Espero que o teu pai non esté difunto. (Menudo comentario, indigno dunha persoa cabal e honrada).

    En canto ao de fachas, pequeno burgués -no mellor dos casos-, só te teño que dicir unha cousa: unha merda. Como o teu nome indica, máis vale que vaias onde a Conferencia episcopal, e que te poñan mirando cara a Meca, que é o que millor se lles da, a ver se aprendes algo. Facha serás tí.

    O que fai ahí Ollea, m**** do c*****, é intentar que unhas infraestructuras inútiles non escarallen Mos, iso é o que fai.
    Deberías estarlle agradecido.

    E polo visto, según tí, con iso comete un erro. hai que ser m****. Non sei de onde ves nin qué tipo de ética rexe as túas palabras, pero ten moito coidado a quen lle chamas facha,palurdo. Eres como moita xente: o que sae na foto é a verdade, o que sae na tele é todo real.

    Outra cousa: e como eu si teño unha carreira (non é da UNED, clasista do C******)direiche que ese nick tan precioso que levas ten acento. Acento facha (e tamén ortográfico).

    Deus, grazas por facerme ferver o sangue.

    Sangue vermella, mal que vos pese. Graciñas por ser tan previsibles aínda que non é agradable tratar con xente de tanta mala baba e malos sentimentos.

    Ala, vai a misa de once. (ou os pases eran as doce??). Non o sei, non gasto. Seguro que poderás informarte adecuadamente…., polo menos en canto a rituais se refire. Todo o que sexa, menos pensar racionalmente.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: