O Concello de Salceda asina o dereito de superficie para o novo depósito de augas para a vila

besadaaugas

O Alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e o Presidente da Comunidade de Montes de San Xurxo, Serafín Sanjuan Sanjuan, asinaron a cesión do dereito de superficie a 30 anos a favor do Concello para a construcción do novo depósito de augas para o abastecemento ó centro urbán.

O 22 de abril de 2004 aprobárase no Concello de Porriño a cesión de auga a Salceda procedente do Oitavén e que chegaba ata a parroaquia de Atios.. Pero non foi ata o ano 2008 cando houbo un compromiso da Xunta de Galicia para executar esta obra. Despois viñeron os trámites administrativos, entre os que se incluen os das Comunidades de Montes de San Xurxo e Parderrubias para o deslinde da zona, asambleas para a súa aprobación, etc, ademáis dos correspondentes ós Concellos de Porriño e Salceda e ós da Xunta de Galicia. Finalmente, con esta sinatura e a aprobación polo próximo pleno da cesión á Xunta de Galicia dos tereros, rematarán os citados trámites, co que este organismo xa pode licitar a obra para a súa posterior execución.

O orzamento total da obra ascende a 2.099.759,19 €, aportado nun 83,33% pola Xunta de Galicia e no 16,67% restante polos Concellos de Salceda de caselas e Porriño, correspondéndolle 200.030 € ao primeiro e 150.000 € ao segundo, a pagar en duas anualidades.

Trátase dun proxecto de vital importancia para Salceda, onde se vai construir un depósito de 3.000 metros cúbicos no lugar chamado Alto da Forca, así como o ramal de abastecemento aos depósitos municipais de San Xurxo.

Marcos Besada agradeceu a colaboración das Comunidades de Montes e a súa implicación no proxecto. “A construcción deste depósito vai server de base para a creación dunha verdadeira traida municipal, podendo dar servizo á parroquia de San Xurxo xa que hai un compromiso de conexión á súa traida”. “Mellorase e auméntase así a cobertura e calidade do abastecemento de augas, deixando de depender das traídas parroquiais, que durante tantos anos tiveron que loitar por conseguir este servizo básico.”

 

Advertisements

0 Responses to “O Concello de Salceda asina o dereito de superficie para o novo depósito de augas para a vila”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: