Retírase o poste de alumeado do interior do colexio de Sanguiñeda

poste

:: A obra acometeuse o sábado e foi acompañada do soterramento dunha liña de alta tensión que se atopaba nas inmediacións do edificio ::

O sábado 7 de Marzo procedeuse á demolición dun poste de alumeado ubicado no patio de recreo do CEIP Mestre Valverde Mayo, na parroquia mosense de Sanguiñeda, e ó soterramento dunha liña de alta tensión situada tamén nas inmediacións do mesmo, moi próxima á entrada do centro escolar.

O edil de Alumeado, Luis Alonso Seijo, presenciou e supervisou os traballos que se prolongaron durante todo o día e que foron acometidos conxuntamente entre operarios do Concello de Mos e da empresa FENOSA, titular do tendido eléctrico no municipio.

Alonso Seijo manifestouse o sábado “satisfeito coa demolición do poste do colexio de Sanguiñeda, xa que era unha reivindicación que tanto o profesorado coma os pais do alumnado levaban reclamando clamorosamente dende fai moitos anos; e por fin agora produciuse”. O concelleiro de Alumeado declarou tamén que “esta é unha obra moi importante para a localidade de Mos, equiparable en importancia con outra que se acaba de levar a cabo fai pouco tempo e que implicou o soterramento das liñas de alta tensión dende o centro de saúde do Rebullón ata o alto de Puxeiros”.

Advertisements

4 Responses to “Retírase o poste de alumeado do interior do colexio de Sanguiñeda”


  1. 1 diogo 10 Marzo 2009 ás 08:07

    Debe ser a primeira vez que o lagarto pasa o dia enteiro na escola…. é broma. Agora en serio, felicito ao concelleiro porque esta era unha obra moi necesaria e que os sociatas non foron quen de levar a cabo.

  2. 2 anarca 10 Marzo 2009 ás 22:41

    E en sábado, Qué currantes!!! que colla esta semana libre!!!

  3. 3 maria 11 Marzo 2009 ás 07:21

    A que está encima da torreta é Nidia? porque é moi raro que non este na foto.

  4. 4 arastro 14 Marzo 2009 ás 15:16

    tiveiron que vir os do pp pa facer algo…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: