Carrera amósase satisfeito polos resultados do PP no Porriño o pasado 1 de marzo

manuelcarrera11

:: Manuel Carrera: “É moi importante que cun goberno do Partido Popular na Xunta e na Deputación, o concello de O Porriño sexa tamén gobernado polos populares” ::

Manuel Carrera, presidente do Partido Popular de O Porriño, quere expresar, “en nome de tódolos concelleiros e no seu propio, as mostras de agradecemento a tódolos colaboradores e simpatizantes polo seu traballo e esforzo realizado na campaña electoral, un labor que permitiu que o PP fose a forza máis votada no municipio acadando a maioría absoluta”. “Trátase dun resultado moi importante para o concello de O Porriño, onde o Partido Popular non goberna dende hai seis anos”, sinala Carrera, polo que “é un orgullo saber que Porriño segue a ser un pobo de dereitas, onde tódolos veciños nos amosan o seu apoio”.

O PP local pasou de rexistrar 4.091 votos (o 45,87%) nas eleccións autonómicas de 2005 a 4.957 (o 49,53%) o pasado un de marzo, o que supón un aumento do 3,66%. Do mesmo xeito, o nivel de participación tamén creceu considerablemente respecto hai catro anos, chegando ao 72,56%, “un voto masivo de simpatizantes que nos xustifica aínda máis”, subliña o voceiro popular.

Neste senso, Carrera invita a que tódolos porriñeses “reflexionen” de cara ás vindeiras eleccións municipais, pois “é moi importante que cun goberno do Partido Popular na Xunta e na Deputación, o concello de O Porriño sexa tamén gobernado polos populares”.

Advertisements

1 Response to “Carrera amósase satisfeito polos resultados do PP no Porriño o pasado 1 de marzo”


  1. 1 anarca 10 Marzo 2009 ás 22:39

    Coñ… pero… “é un orgullo que Porriño segue a ser un pobo de dereitas”? , pero,¿? “TODOS os veciños amosan o seu apoio”? ; home, todos, o que se dice todos, non.
    E… se nas Galegas anteriores votou o PP un 45,87% ,logo, coma é que nas municipais non votan tantos, non terás tí algo que ver? .


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: