A Señora Carmen, ilusionada co seu primeiro concerto en solitario en Mos

senoracarmen

::A cantante mosense, xunto coa Alcaldesa e a concelleira de Benestar Social, presentou o acto que se celebrará o vindeiro sábado ás 19.00 horas ::

A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a Señora Carmen, a súa directora musical e a concelleira de Benestar Social, Ana Rodríguez, presentaron esta tarde en rolda de prensa o concerto que a cantante mosense dará en solitario no Pazo de Mos o vindeiro sábado, 7 de Marzo, a partires das 19.00 horas no Pazo de Mos, con motivo da celebración o domingo do Día Internacional da Muller.

Señora Carmen, cantante do grupo Malvela e mosense veterana con 83 anos xa cumpridos, garda forzas para adicarlles o concerto que dará o sábado ás súas veciñas, ás mulleres que viven en Mos, porque tal e como ella declarou esta tarde na rolda de prensa, “xa era hora de que ás mulleres nos tocase algo”. Coma toda artista consolidada, Señora Carmen xa ten preparado o repertorio de temas que interpretará o sábado e moitos deles versarán sobre mulleres traballadoras.

A súa directora musical, a mesma do grupo Malvela, informou esta tarde de que “empezamos a ensaiar e xa temos case todo preparado, posto que este concerto en Mos é moi importante”. E é que para Señora Carme este será o seu primeiro concerto en solitario no seu municipio natal e para colmo celebrarase nun lugar tan emblemático coma o recén restaurado Pazo de Mos. Nidia Arévalo declarou durante a rolda de Prensa que “é un orgullo para o Concello que tanto a Señora Carmen coma o grupo Malvela representen ó municipio de Mos” e agradeceulle á cantante que accedese a actuar o sábado no Pazo. Agradecemento que secundou á súa vez Ana Rodríguez, edil de Benestar Social, quen tamén se manifestou moi satisfeita pola “boa acollida que están a ter tódalas actividades organizadas para conmemorar o día da Muller; tanto os obradoiros de ‘A saúde a través da arte’ coma os circuítos termais no Palacio da Auga de Mondariz que rexistran todo un éxito de afluencia”, dixo a concelleira.

Advertisements

1 Response to “A Señora Carmen, ilusionada co seu primeiro concerto en solitario en Mos”


  1. 1 sarabia 5 Marzo 2009 ás 16:06

    Supoño que a súa “directora músical” tamén terá nome, Ana Dominguez Senlle. Algunha vez terémola que ver a ela como protagonista e non como de secundaría de luxo. Poucas veces se fala de Ana a alma de Malvela e de moita boa música que se fai neste país como a de Son de Seu. Noraboa a toda a familia Senlle e tamén a señora Carme por regalarnos a súa fermosa voz, pena non saber dela antes.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: