Relax e cultura enchen o programa mosense para o Día da Muller

mullermos

:: Un circuíto termal no Palacio da Auga e o concerto da Señora Carmen son as estrelas da programación ::

O Concello de Mos, a través da concellería de Benestar Social que dirixe a edil Ana María Rodríguez Cabaleiro, ten organizado un programa de actividades co que celebrar o Día Internacional da Muller que terá lugar o vindeiro 8 de Marzo.Segundo informou  a concelleira responsable “este programa será o punto de partida que estimule o desenrolo do resto de actividades que se realicen ó longo do ano e que terán como protagonistas principais ás mulleres mosenses”. Rodríguez Cabaleiro declarou tamén que “coa programación do Día Internacional da Muller pretendemos que esta se sinta satisfeita consigo mesma, que crea nas súas propias potencialidades e que conte con recursos físicos, intelectuais, psicolóxicos e sociais para dar a mellor desposta ás necesidades que lle van xurdindo ó longo da súa vida”.

O programa de actos abarca fundamentalmente as áreas de ocio e relax, e arte e cultura. No apartado de ocio e relax atopámonos cun circuíto termal no Palacio da Auga en Mondariz, que se prolongará do día 2 ó 6 de Marzo. Esta actividade realizarase en horario de manán e o Concello porá á disposición das mulleres participantes un autocar que as traslade ó municipio veciño. Cada día poderán participar entre 20 e 25 persoas que sumarán, ó final das xornadas, un máximo de 110 mulleres. As prazas distribuiranse por parroquias, contando cada unha delas con 10, excepto Tameiga e Sanguiñeda que, polo seu maior número de habitantes, disporán de ata 15 prazas. As mosenses que desexen participar nesta iniciativa da concellería de Benestar Social deberán inscribirse na asociación veciñal ou cultural correspondente ás súas respectivas parroquias. As veciñas das distintas parroquias mosenses teñen asignado cadanseu día para desfrutar do circuíto termal: as de Cela e Pereiras farano o luns día 2 de Marzo, as de Sanguiñeda e Petelos o martes 3, as de Torroso e Mos o mércores 4, as de Louredo e Guizán o xoves 5 e ás de Dornelas e Tameiga corresponderalles o día 6 de Marzo, venres.

Na área de arte e cultura realizaranse os obradoiros ‘A saúde a través do arte’, nos que se empregará a expresión artística como medio de crecemento e mellora persoais. Levaranse a cabo procesos creativos en grupo. Estes obradoiros terán lugar do 2 ó 6 de Marzo en horario de 18.00 a 20.00 horas e albergarán a un total de entre 15 e 20 participantes diarias. O luns día 2 celebraranse na asociación veciñal Chan do Bosque de Sanguiñeda, o martes 3 realizaranse no Pazo de Mos, o día 4 serán na A.VV O Plantel de Guizán, o xoves 5 na asociación de veciños San Rafael en Pereiras e o venres día 6 de Marzo no Multiusos das Pozas.

Tamén dentro do apartado artístico e cultural enmarcarase a exposición de pintura que se exhibirá na Casa do Concello dos días 2 ó 6 de Marzo, e que terá como temática as estampas protagonizadas por mulleres plasmadas polos grandes mestres da pintura ós que esta pintora mosense lles rendirá homenaxe.

Seguindo coa área do arte e acultura, o sábado día 7 de Marzo terán lugar no Pazo de Mos tres eventos diferenciados: unha exposición de pintura co título de ‘Mulleres con cargas’ de Encarna Álvarez, artista e psicóloga, quen comentará a súa obra empregándoa de fío conductor para facer unha reflexión sobre a súa visión da muller no mundo actual; a exposición dos traballos realizados durante a semana nas asociacións veciñais e culturais con motivo dos obradoiros ‘A saúde a través do arte’; e un concerto da Señora Carmen, cantante do grupo Malvela, que actuará no Pazo a partires das 19.00 horas.

Advertisements

4 Responses to “Relax e cultura enchen o programa mosense para o Día da Muller”


  1. 1 diogo 27 Febreiro 2009 ás 12:04

    Pero esta noticia é repetida. Tan pouco fan estes do PP que mandan dúas veces a mesma noticia para que pareza que fan algo.
    Ademáis ir a Mondariz para anunciar os actos de Mos é de coña.
    Sigue así Lidia, sigue así…

  2. 2 sarabia 28 Febreiro 2009 ás 21:24

    Alucino,así que se foron a Mondariz a presentar os actos das mulleres traballadoras, isto e increible, e o tempo do viaxe destas tres e máis da xefa de prensa é do tempo ese que lle pagamos todos, non si? e non sería mellor que o fixeran en Mos e aforraban todo ese tempo a elas e os periodistas e así tamén aforraban gasolina … e os cartos da gasolina tamén llos temos que pagar nos? e os Audis consumen moito non si?.
    Agora que me dou conta en Mos hai moitos do PP con Audis. Mijiños a levantar o país como vos dice o xefe e xa vos vexo a todos vendendo os audis os portugueses e comprando Citroens

  3. 3 muller 28 Febreiro 2009 ás 21:39

    É triste que no noso concello haxa tantas mulleres no paro, mulleres traballando sen ningun seguro como as do fogar as que cosen para Pili Carrera ou as que teñen que facer limpeza en 5 naves distintas para que o seu soldo lle chegue o minnimo. Mulleres que nunca puderon estudar, e apenas saben ler, mulleres que se levantan as catro da mañá para ir a traballar a fabrica de peixe e logo teñen que chegar a súa casa e e atenden os fillos a casa e o marido… esas mulleres non teñen un audi, nin xefa de prensas seguro que desas non vai ningunha a Mondariz. Loita por las mulleres que peor o teñen non loites por un puñado de votos.

  4. 4 NIN DE COÑA 28 Febreiro 2009 ás 22:56

    Muller, todo o meu respecto para tí e para todas as mulleres das que falas no teu comentario e tamén para as que non mencionas porque sería imposible mencionalas a todas. Un consello loitade vós, loitade todas, ninguén vos vai defender realmente. Da igual que sexan do BNG, do PP ou do PSOE.. Non lles importades, salvo no momento das eleccións que o aparentan.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: